Por fin temos a resposta a aquela canción de
Rita Pavone, si, aquela na que se preguntaba que por que nos abandoaban os domingos pola tarde para iren o fútbol
Bueno a verdade é que quen a ten é a compañía teatral galega Obras Públicas, explícano á perfección nunha horiña co seu espectáculo
O fútbol é así. A frase pode parecer manida, pero desta vez deron coa fórmula, e fixérono a golpe de canción cun musical cheo de guiños @s espectadores que Carlos Mosquera, Mos e Leandro Lamas enchen de vida e de gargalladas coa súa xenial posta en escea.
O director
José Prieto fai do fútbol nesta comedia unha sagaz crítica social sin máis necesidade que a dunha pequena tribuna na que se agochan as raras avis que dan vida ó teatro futbolístico.
Sesenta minutos nos que aprederemos como o fútbol é relixión mundial, como nel se desatan as paixóns, como eses batebalóns en pantalón curto semellan ser xentes con corazón e sentimentos tamén veremos como trabilla a prensa deportiva e sobre todo como algo tan simple se ten convertido en algo tan complexo.
O fútbol é así é unha comedia divertida e dinámica con textos frescos e cheos de guiños á comedia clásica, ó cine, á política, ó sexo, á sociedade actual e sobre todo a ese que chaman o deporte rei, xa saben
once contra once.