Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chegar a fin de mes

viernes, 27 de enero de 2012
Que os fogares tiveron sempre dificultades para chegar a fin de mes é cuestión asumida xa que o número de membros tradicionalmente viña ser en razón inversa ás posibilidades económicas, polo que a maior número de membros da unidade familiar máis dificultade para remontar os longos meses e, de xeito especial, a longuísima costa de xaneiro. Este ano, xa ninguén fala desta costa, asumindo que agora a dificultade costenta afecta a todos os meses do ano.

Chegar a fin de mes significaba poder pechar as contas familiares sen signos negativos, podendo afrontar o mes seguinte partindo de cero que en moitos casos se presentaba como tarefa difícil.

En épocas de bonanza como as que disfrutamos antes do 2008, deixouse de falar deste concepto de “chegar a fin de mes”, que mal que ben se ía conseguindo, pero neste último cuatrimestre volve plantearse esta cuestión, existindo mesmo estatísticas oficiais que nos axuda a situalo no seu xusto termo.

O Instituto Galego de Estatistica ven de facer unha enquisa “conxuntural aos fogares”, referida ao último trimestre de 2011, que deu como resultado que arredor do setenta e un por cento dos fogares galegos chegan con dificultades a fin de mes, sendo case un once por cento os que chegan con “moita dificultade”. Só algo menos do trinta por cento dos fogares falegos chega a fin de mes sen problemas,

“Chegar a fin de mes”, durante moito tempo, foi unha pura expresión para evidenciar os apuros que unha familia media pasaba para administrar os ingresos habituais. Neste caso, cuantificando e comparando con datos anteriores, evidencia unha situación dramática para moitos galegos, e de xeito especial para as casi 24.000 familias nas que non existe ningún tipo de ingreso por rendas de traballo, xa que todos os seus membros están en paro.

Superado ese tempo prudencial que a maioría de nós se impuso nun clima de confianza de cara a un goberno que comeza con aspecto de querer mellorar a situación xeral, é o momento preciso para que xurdan normas que animen a economía, os fluxos bancarios, fomenten as contratacións laborais, e alixeiren as pesadas cargas das familias.

Coñecemos as disposicións para a restricción do gasto e aumento dos ingresos das administracións públicas. Falta que se concreten as solucións do emprego e todos os demais problemas familiares, e reestructuración e normalización da vida política coa restricción dos custos dos políticos e das administracións que gobernan. Entón, estaremos polo labor de sacrificarnos colectivamente, de arrimar o ombreiro, e participar na tarefa común.

Só así poderemos tolerar as dificultades para chegar a fin de mes. Cando saibamos que esas dificultades son coñecidas por todos, asumidas por todos e que se está loitando desde todos os poderes públicos por mellorar a situación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES