Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lóxica do absurdo

miércoles, 25 de enero de 2012
¿Quen pode dubidar, a estas alturas, de que a vida se compón dunha sucesión azarosa de complexas e impredicibles decisións, mais tamén de (in)consecuencias e absurdos en cadea que nos arrastran a situacións insospeitadas?

Convencido diso semella estar Xurxo Sierra Veloso, quen leva anos profundando nunha narrativa de corte psicolóxico na que a determinación dos sutís mecanismos que moven os nosos actos parece ser o obxectivo principal a desentrañar.

E así o é tamén na recente Os fíos, gañadora do Premio Repsol-YPF de novela curta, onde o escritor vigués radicado en terras zamoranas nos presenta tres historias enlazadas por delicados fíos de relacións lóxicas, ora de negación (amores naufragados), ora de conxunción (affaires inesperados), ben de disxunción (recoñecer ou ocultar un asasinato cometido), ben de falsa condicional material (se es ex-convicto e te sorprenden agochado cunha pistola, entón todo parece indicar… que ías perpetrar outro delito).

Mais cómpre advertir que estas tres historias, que poden lerse como un continuo, son tamén interpretables por separado. Mesmo semella convidar a isto último o autor, quen antecedendo o corpo da novela dispón un “Aviso” no que advirte: “Esta novela componse de tres partes. Non é obrigatorio (nin sequera conveniente) lelas na orde en que se presentan”.

Trátase, pois, dunha particular rayuela onde todo canxa con aparente docilidade. E escribo aparente porque nada é tan casual como semella, pois cada un dos nos actos implica unha serie de consecuencias que non sempre estamos dispostos a ver, moito menos a admitir.
Requeixo, Armando (armandorequeixo@hotmail.com)
Requeixo, Armando (armandorequeixo@hotmail.com)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A bolsa para quen a traballa: Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural