Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A velas vir

lunes, 23 de enero de 2012
Un home pasea pola beirarrúa coas mans atrás, cruzadas e apoiadas xusto no traseiro. Un neno mira cara el, pero axiña traslada de novo a súa atención para o coche co que está a xogar. Normal. Qué lle importa ao neno un home calquera. E paseando. Se aínda estivera xogando con algo.

Perdo de vista ao home e ao rapaz. Préstolle atención, entón, á rúa. Por ela pasan coches. E pola outra beirarrúa tamén pasa xente. E pombas que están por todos os lados. O volume da música da cafetaría está abondo alta. Case molesta. Porque é unha música pop con trazas de rock. Prefería un jazz tranquilo ou un clásico deses eternos; pero... Pero é o que hai, ou sexa, moito pumba-pumba-pumba.

Dúas nenas xogan por entre as mesas da terraza e un pardal foxe tan axiña como nota a súa presenza. Pobre paxaro!; non o deixan peitear ao seu gusto. Nótase que non ten a paciencia das pombas. Estas non se asustan así como así. Aguantan ata o último instante, ata que parece que as nenas as pillan. É entón cando alzan o voo que semella máis un chouto, pois aterran tan só a uns centímetros.

Para min que se burlan das nenas. Déixanas soñar e cando pensan que pillan a pomba, ale, adeus, moi boas. As nenas levan un pequeno chasco; quedan a velas vir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES