Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2012

miércoles, 11 de enero de 2012
Así, de primeiras, é difícil ao comezo do ano ser plenamente consciente do que este novo tempo nos vai proporcionar, pero por eso é momento de desexar a todos un bo ano, aínda que todo pareza concitarse en contra.

Os maias parece que o preveron hai moitos séculos, facendo un gran calendario que agardemos por casualidade remata precisamente en decembro do presente ano, sendo un simbólico fin do mundo previsto, aínda que para eles o fin do mundo adiantouse varios séculos.

Posiblemente Nostradamus teña tamén algo que decir para este ano que comezamos segundo como se interpreten as súas famosas cuartetas, pero polo de agora aínda non apareceu o avispado intérprete que identifique o anunciado con algún acontecemento previsible.

Pero a este ano non lle fan falla previsións fatalistas centenarias ou milenaristas, que abondas ten por parte de gobernantes e economistas que pronostican vai ser o peor de todos os que ata agora coñecimos, desde o punto de vista económico.

Cando prevíamos que a crise que comezou no 2008 podía estar a piques de rematar, véñennos coa rebaixa ou o aumento de que aínda hai moito que agardar para que este tempo se dulcifique e comecemos a ver a luz ao remate do túnel que polo de agora permanece na maior das negruras.

Non sabemos ben por onde poden vir maiores golpes ca os xa recibidos: conxelacións, rebaixas, recortes, Eres e despidos. Pero que van vir, seguro.

Sempre se considerou que alicia estaba relativamente libre dos vaivéns da economía, por vivir na inmensa maioría do comercio, os produtos do país -do campo e do mar- e das administracións. E mesmo a gran crise que sufriu o emprego nas zonas industriais galegas hai un par de décadas non repercutiu demasiado no resto do país porque tampouco repercutira moito na creación dos postos de traballo a época na que nas zonas industriais galegas medraron coma espuma as empresas e os traballos.

De modo que estamos en compás de espera, agardando coma auga de maio polas disposicións do goberno recentemente nado que animen o panorama que poidamos divisar, e alegren as perspectivas económicas que precisan de animación e alegría en doses máis ca normales.

Polo momento, no pouco que levamos andado, parece este un ano coma os demais, e agardemos que non se distinga demasiado do que xa pasou, alomenos para mal. E se nel notamos algunha melloría, mellor que mellor que con pouco nos imos conformar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES