Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cantos na Maré

miércoles, 11 de enero de 2012
Cantos na Maré
sons da nosa fala
Cantos na Maré
son cantos e máis nada
(Uxía Senlle)

Un ano mais, e xa van nove, chega á cidade de Pontevedra o Festival da Lusofonía Cantos na Maré.

Dende o 2003 esta iniciativa procura difundir a música galego - portuguesa das dúas marxes do Atlántico. O proxecto nace baixo a dirección artística de Uxía Senlle e musical de Paulo Borges, sendo producido por Nordesía. Dende entón, este festival conta coas mellores voces da lusofonía.

A simboloxía de Cantos na Maré baseouse sempre nun Atlántico que nos une; tecendo nas súas marxes distintas formas da mesma cultura, da mesma fala, da mesma idiosincrasia. Unha idiosincrasia que, no entanto, se move en diversos ritmos que piden a berros un constante intercambio cultural. Como di a canción, son os “sons da nosa fala”.

Radio 3 retransmitirá este festival que ano tras ano se consolida como un referente cultural da lusofonía a nivel internacional. Desta volta, ben seguro que estará moi presente a finada Cesárea Évora, así como o fado! Que recentemente foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade, e que soará na marabillosa voz de Carlos do Carmo.

Cabo Verde estará representado por Mayra Andrade, Brasil por Socorro Lira e o noso país por Xoan Curiel. A partir das 21 horas os pontevedreses teñen a oportunidade de gozar dos sons dunha cultura expresada en dous idiomas, nunha fala e en múltiples estilos musicais, que a fan única e singular no mundo. Son “cores do Brasil, sons de Cabo Verde, vento de Fisterra, e cais de Portugal”, como di Uxía no himno.

Cantos na Maré é unha expresión de forza desta cultura ceibe e única, que xamais estará disposta a ser negada. Gocemos deles por moitos anos, porque eles fan medrar a nosa creatividade colectiva.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES