Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

País de Jauja

jueves, 05 de enero de 2012
Alá polos tan afastados, nefastos e míserentos tempos da nosa adolescencia, ao pouco de rematada a guerra incivil, apareceron nos accesos de Foz, por Marzán e Vilaxoane, senllos letreiros que anunciaban o “País de Jauja”, nome de territorio mítico e indefinido, onde ó parecer vivíase sen traballar e no que se daban os feitos mais insólitos, imprevisibles e solprendentes.

Curiosamente os focegos eran conformes coa denominación, pois as devanditas sinais duraron anos sen que ninguén se ocupase de retiralas, nen mesmo as autoridades dunha época na que a tristemente lembrada, e denostada dictadura, vivía os días mais represivos e violentos dunha etapa histórica que val mais esquecer.

Instalados na barbarie, dende hai tempo, membros dos partidos
con representación municipal, a miúdo ofrecen o bochornoso espectáculo que non fai senon confirmar que seguimos a ser ese país de Jauja, no que a falta de respecto institucional á cidadanía, fai que ésta sufra a agresión dialéctica dunha crase dirixente que neses casos amósase irreverente e bravía, coa soez e incontrolada dialéctica, que lles impide distinguir a lexítima defensa dos seus plantexamentos, sempre respectables, co que nunha sociedade moderna, civilizada, de nivel cultural digno e distendida convivencia, deben ser as actitudes e procederes das persoas que tanto loitaron por ocupar os postos dende os que están obrigados a irradiar a exemplaridade dun comportamento cívico decoroso e que, de non ser capaces de facelo así, mellor que se dedicaran a outra cousa. Xentes que non hai moito suplicaban o voto precisamente ós que agora escarnecen co seu insultante proceder…

E para maior contrariedade cunha emisora de radio ó seu dispor que se encarga de espallar a toda a bisbarra a agreste e indigna conducta; labor, a da emisora, que para nada implica aos seus válidos e honestos traballadores.

O que suscribe era consciente de que ese ía ser o labor estrela da mesma: servir de altofalante ós improperios das dignísimas autoridades, pronóstico doado de facer: abondaba con coñecer o percal. Por eso, cando Radio Foz comezou a retransmitir os plenos, o cronista, confidencial e repetidamente, suxerira ao entón concelleiro de cultura, e responsable da mesma, que non o fixeran, porque as ondas radiofónicas chegan moito mais alá dos lindes municipais e que a radio, que debería ser medio idóneo para divulgar e potenciar a cultura popular e o diálogo entre os cidadáns, a animación social, aglutinante de vontades que promovese o achego entre as persoas, a solidaridade e a mútua colaboración, podería converterse, ó contrario, en motivo de contribución activa ó noso desprestixio. E a fé que nonos equivocamos.

¿Por cánto tempo seguiremos a ser un “País de Jauja”…?
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES