Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ascensor da velocidade

lunes, 02 de enero de 2012
Cadaquén que viaxe polo ascensor da velocidade con destino cara arriba. Se viaxa para abaixo, a esa velocidade, pode aterrar no inferno.

O diaño deste atízalle coa súa cola de cabrito a todo aquel anxo que ouse botar unha ollada por entre as lapas. As chamas do inferno son tan só do inferno.

Cadaquén que erra no seu traxecto ten unha alta porcentaxe de acabar peor có anxo; pode morrer abrasado polo chiar dunhas rodas de caucho.

A moitos mozos gústalles o cheiro a caucho queimado. E por iso nas curvas encoméndanse a Deus e ao diaño. O diaño é o que anda máis cerca cando o ascensor da velocidade se escaralla.

Entón, non hai solución nin para arriba nin para abaixo;
simplemente aterra no inferno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES