Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A seguridade entre todos é doada

lunes, 02 de enero de 2012
A seguridade do Polígono vilalbés é un tema que ven de lonxe e vai para longo.

Nunha concentración de empresas como é este polígono, distante da capital do concello, é lóxico que algúns industriais se preocupen pola seguridade, e que a directiva da asociación de empresarios emprenda iniciativas para dotar ao polígono de axeitados servizos.

Diante dun tema así hai infinitas posibilidades, de moi diferentes custos, pero as máis efectivas son a vixiancia a cargo de pesoal que patrulle continuamente, dia e noite, as rúas do polígono, ou a instalación de cámaras que permitan controlar as vintecatro horas do día a presencia de xentes nas cercanías das empresas, pasando claro está por un sistema mixto entre as dúas posibilidades.

Pero todo eso ten un custo moi elevado que só é posible afrontar se todas as empresas se poñen de acordo ou algún organismo oficial colabora na súa financiación.

Tal como están as cousas, é ben dubidoso que se consiga axuda externa, polo que os empresarios dependen da súa propia iniciativa e aportación. E se ben os empresarios son algo máis de cen, non chegan a medio cento os que están dispostos a pagr por esta seguridade para todos.

Ocorría xa hai ben anos en Lugo no Polígono de O Ceao, onde se contratou seguridade privada para reforzar a vixiancia da policía municipal. E só a metade dos empresarios pagaba o custo do servizo, mentras que se beneficiaban del a totalidade dos empresarios alí instalados.

Mentras non comprendamos que ou todos participan ou non hai nada que facer, o sistema non se poñerá en marcha. E sábese que o momento é difícil, pero precisamente nos momentos difíciles os riscos son maiores, e os posibles danos por roubo sentiríanse moitísimo máis. Pagando todos, calquera servizo común coma este sae relativamente barato.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES