Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teoloxía física ou física teolóxica?

viernes, 23 de diciembre de 2011
Teño bastantes dúbidas. Paréceme que debíamos chamar “Teoloxía física” a unha iniciativa de fundamentar a Teoloxía na Física por parte dos teólogos; e “Física teolóxica” a fundamentación dos conceptos teolóxicos por parte dos físicos. A min, salvo os casos de Tillich e Pannenberg, con referencia o Punto Omega como Dios, penso que deron máis pasos neste sentido os físicos que os teólogos. E se fora así, seguramente sería máis acertado quedarnos coa “Física teolóxica”. Sen embargo, non pretendo aquí ocuparme desta cuestión, porque esixe unha investigación histórica que excede, con moito, as miñas capacidades. Quero, iso si, destacar o interés dalgúns físicos polos conceptos teolóxicos e antropolóxicos, tales coma “eternidade”, “resurrección”, “ceo”, “alma”, omnipotencia”, “omnipresencia”, etc.
Certamente, non é fácil explicar aquí como van xestándose estes conceptos na física. Pero non me cabe a menor dúbida de que algúns exemplos poden axudar ao lector a facerse unha idea. Vamos aló: A “vida”, segundo parece, pode definirse coma unha forma de procesar información, e, neste caso, habería que considerar a “alma humana” como un programa de ordenador, tendo en conta a súa grande complexidade. Pero hai aquí unha implicación moi importante, que ao lector non lle será fácil aceptar: Coa definición da “vida” que nos dan os físicos, temos que concluír que as máquinas en xeral tamén están dotadas de vida, posto que o que conta nesta definición é a pauta, non o soporte; e incluso habería que pensar na reprodución das máquinas, coa axuda do home, o emprego do material e un adecuado proceso técnico. E, segundo parece, esta definición da vida é absolutamente necesaria ó físico, incluso para acadar (científicamente!) conceptos coma a “resurrección” e a “inmortalidade”. Cando menos, pénsao así o físico Tipler, que o lector habitual xa coñece, e os seus axudantes, e igualmente outros físicos de primeira fila.
O máis sorprendente do caso é que dito físico busca semellanzas e ata concordancias con “Santo Tomás de Aquino”. Por exemplo: Se a alma en Santo Tomás “é unha forma da actividade do corpo. ” e causa formal en sentido aristotélico, o programa cobre esta funcionalidade
E seguindo por esta senda, a causa eficiente sería a apertura e peche dos circuítos eléctricos, e a causa material a materia da que está feito o ordenador. Aínda moito máis: O ENTENDEMENTO AXENTE, en Tomás, cuxa función é adquirir conceptos, ten coma correlación as normas xerales para codificar información na unidade central do proceso; e O ENTENDEMENTO PACIENTE, que retén os conceptos e emprégaos, corresponderíase cos programas almacenados: así no restante.
Como dixen noutro lugar, eu son de Montiel: Nin entro nin saio: Só procuro informar o mellor que poido, aínda que o espírito da época imponse máis ou menos, e o noso é o da información. Sen embargo, non é bo deixarse arrastrar “acríticamente” por este espírito, se queremos evitar precipitacións funestas nunha materia tan apaixonante, pero moi complexa, porque quen se casa irreflexivamente co espírito da época exponse ó risco de quedarse pronto viúvo. Xustamente por isto, non quixera ocultarlles dous aspectos, nesta temática, que, segundo John Polkinghorne, son de gran relevancia:
1º.- Que os físico-teólogos, en xeral, non pretenden buscar probas da existencia de Deus, senón de abrir perspectivas, eu diría que máis ben RAZOANDO que RACIONALIZANDO, para explicar por que o teísmo dá razón do mundo mellor que o ateísmo.
2º.- Que esta teoloxía, que Piolkinghorne chama “natural”, pon o acento en buscar o fundamento das leis científicas, preguntándose se despois delas haberá algo máis que descubrir.
É dicir, mentres que o científico en canto tal PARTE DE esas leis, sen fundamentalas, o físico-teólogo trata de ir máis aló, non tanto polo teolóxico coma polo físico. Como di Polinghorne o motivo que lle leva a teoloxía é a “percepción de que as leis naturais teñen certas características que fan que non poidan ser consideradas nin suficientemente satisfactorias dende un punto de vista intelectual nin completas por si soas”.
Pero o que verdadeiramente chama á atención é como, dende o pensar dentro dunhas estruturas formais e dabondo complexas, lle quede aínda espazo ó físico para articular os seus coñecementos científicos, e precisamente con base neles, unha maneira de pensar en termos de contidos metafísicos. E penso que tal vez ocorre isto porque, coma eu modestiñamente penso, o pensamento metafísico está latente na mente humana, non coma unha etapa anterior ó científico, senón xustamente en concomitancia con el.

Rubal, Pedro.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES