Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que é o tempo?

lunes, 19 de diciembre de 2011
Cambio de posición na mesa. Son as cinco e dezasete minutos da tarde. Anuncio a hora porque é o que marca o meu reloxo Lotus. Non tiña porque escribir a marca, pero se o fixen foi para que a liña se alongara un pouco máis. Algo así coma o tempo.

O tempo tamén se estira, se alonga. Xa son e vinte. Aínda que... que é o tempo? Unha agulla do reloxo que avanza? Iso tan só é iso; unha agulla que chouta dun segundo a outro, dun minuto a outro.

O reloxo é un aparato que mide o tempo. Pero sigo preguntándome que é o tempo? A traxectoria que marca o sol dende a serra de San Mamede ata o outeiro de Brandín? O acendido e apagado das luces de neon? A claridade que vai das sete da mañá ás dez da noite?

Todo iso tan só significa que a terra móvese arredor do patrón do universo, que as luces acenden e apagan cun clic, cunha chave e que a terra segue a dar voltas coma unha buxaina. Que é o tempo? Un suspiro? Unha eternidade? A duración dunha película? A xornada dun traballo? O desprazamento dun bolígrafo ata que cansa de escribir?

Ao mellor o tempo é un invento que está aí para que levemos reloxos nos pulsos, para que contemplemos as saídas e postas do sol, para que chamemos a un electricista ou para que merquemos un bolígrafo que escriba ata esgotar ou cansar.

Cansei. Acougo uns minutos. É dicir, durante un tempo. Que será o tempo?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES