Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nanotecnoloxía

martes, 13 de diciembre de 2011
Unha das cousas que máis apaixona ao home é, sen dúbida, tratar de entender como é o cosmos. A historia do pensamento rexistra varias concepcións do mesmo. As que temos na actualidade teñen pretensións de cientificidade. Eu, por suposto, non poido emitir ningún xuizo crítico ao respecto, porque, como estará pensando o lector (e pensa ben!) os meus coñecementos de astrofísica son elementais, só serven para andar pola casa. E, sen embargo, toda persoa dedicada a filosofía e a teoloxía debería posuílos a bo nivel. Lembren que a cosmoloxía tuvo sempre un espazo dedicado a ela nesas disciplinas.

Todo isto só ben ao caso para levalos a NANOTECNOLOXÍA. Que é, pois, a nanotecnoloxía, da que tanto se está a falar hoxe en día?. Primeiro unha pouca de historia. Confeso que encontrei o termo hai anos nunha obra titulada “Física de la inmortalidad”, de Frank Tipler. Prestixioso físico inglés, editada en castelán en Alianza Editorial, S.A., Madrid, 1.996. (Xa lles fixen referencia noutra ocasión a ela). O seu título en inglés é máis expresivo, e corresponde ó ano 1.994. Vou dalo a coñecer, porque reflexa mellor o contido da mesma. Di así: THE PHYSICS OF INMORTALITY. MODERN COSMOLOGY. GOD AND DE RESURRECTION OF THE DEAD, que traducido literalmente pasaría coma “Física da Inmortalidade. Cosmoloxía Moderna. Deus e a Resurrección do Morto”. Os que non estean habituados a esta clase de físicas é natural que se sintan desconcertados, posto que trátase dunha ciencia, e eu diría a ciencia por excelencia, e a temática da inmortalidade nunca sospeitamos que poidera ser obxecto da mesma.

Pois ben; este autor citado non só o cre demostrable científicamente, senón que incluso emprega complicados algoritmos matemáticos cos que pretende afianzar a súa tesis.. O seu libro é unha defensa da unificación entre ciencia e relixión.

Na páxina 25 da interesante obra podemos encontrar unha larga relación de físicos que discutiron con el varias cuestións técnicas. Por citar algúns, destaco a Martin Gadner, Wlater Thirring, John A. Wheeler, Roobert Fordward, Helmut Rumpf, Peter Aichelburg, etc., que terminaron avalando a consistencia científica da obra.

Pero o caso é que aínda non lles dixen que é a NANOTECNOLOXÍA. Mellor é que o faiga o mesmo autor, quen, na páxina 90, definea así: “A NANOTECNOLOXÍA consiste na tecnoloxía a escala dos átomos individuais, cuxas dimensións son aproximadamente dun nanómetro”, que, se mal non recordo, é a mil millonésima parte do metro, ou a millonésima parte dun milimetro.

Na “nanotecnoloxía” invertéronse cifras astronómicas por empresas privadas, e séguense invertendo, o que pon de manifesto a utilidade práctica da mesma, con substanciosas ganancias no campo da enerxía.

Segundo parece, converter materia en enerxía, aplicando a famosa e cotizada fórmula de Albert Einstein (E=mc2), esixiría nas viaxes interestelares incalculables toneladas de materia; isto faría imposible pensar en realizalos. Ademáis, se nas reaccións nucleares se transforma en enerexía menos do 1% da masa total, parece lóxico que os científicos inventen outras formas de obter a necesaria para esas viaxes.

A nanotecnoloxía permite, segundo Tipler, cunha carga útil de 100 gramos, obter velocidades de ata o 90% da velocidade da luz, que é a máxima alcanzable (aínda que agora xa hai que empezar a poñelo en dúbida), deseñando unha sonda interestelar rendible. Mais para isto é mester empregar cada átomo da carga útil. E como?. Imos a velo.

Parece que é posible construir, coa nanotecnoloxía, máquinas capaces de se converter en construtoras universais. (Só nos falta que leven para o espazo unha das causas da crise que nos atenaza!). Isto require que as ditas máquinas sexan capaces de almacenar unha certa cantidade de información, é dicir, un número considerable de BITS, que técnicos xaponeses cifran en un bit por átomo. Se isto fora así, 100 gramos de materia útil conteñen un número moi elevado de átomos, unha cantidade astronómica, e se non, pense o lector en un 1 seguido de 24 ceros, e esa é xustamente a cantidade de átomos que contén aquela masa. Polo tanto, para igual número de bits debe ser a capacidade da máquina. Desta maneira, a información cá máquina levaría consigo sería inmensa, e por iso a sonda iría até a estrela situada máis cerca: a Próxima Centauro. Alí a nave espacial se autorreplicaría, para enviar unha a Sirio e outra a Tau Ceti, ás dúas estrelas máis próximas a aquela, e así ata unha posible “conquista” do Universo, en cuxo suposto a vida acabaría controlándoo.

Por imaxinar que non quede. A todo isto habería que sumarlle a propulsión a base de velas de láser, para o que sería aproveitada a aniquilación da materia coa antimateria; deste modo TODA a masa se convertiría en enerxía. E digamos, por dicir algo máis, que a antimateria é xustamente o oposto a materia. Por exemplo, unha partícula de materia é coma a mesma partícula na antimateria, pero con cargas eléctricas de signo contrario.

Termino suxeríndolles un presaxio: como consecuencia de canto deixamos dito: Nun futuro podemos encontrarnos con solucións científicas a importantes problemas antropolóxicos, e se o dubidan, lean na páxina 33 da obra citada o que di un físico de primeira fila, a quen os compañeiros que citei garanten a súa cordura: “Neste libro descríbese a chamada teoría do Punto Omega, unha teoría comprobable científicamente, que propón a existencia dun Deus omnipotente, omnisciente e omnipresente, que, nun futuro moi lonxe aínda, resucitaranos a todos para que vivamos eternamente nun lugar que, básicamente, coincide no fundamental co ceo xudeo-cristián”.

Supoño que coñecen aquilo de Montiel, cando foi asediado o rei Pedro I de Castilla polo seu irmán Enrique de Trastamara, no castelo desta villa de Ciudad Real. Cando o rei quixo fuxir, foi atraído a tienda de un tal Du Guesclin, e alí luchou corpo a corpo con D. Enrique, quen, axudado por un dos seus, quitoulle a vida ao irmán Pedro. Pero o que lle axudou, afirma a historia que dixo: “Eu non quito nin poño rei, pero axudo ao meu señor”. Pois ben; eu tampouco quito nin poño nada en todo o que lles deixo dito, pero atribúo o que lle corresponde ao físico, Mr.Tripler. Aínda que preferiría deixarlle a última palabra a un gallego ilustre, de Vilargondurfe (Pontenova.- Lugo), de quen todos debemos sentirnos orgullosos, D. José Rivas Rey, Catedrático de Física na USC e Director do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía da mesma, porque o que el poidera dicirnos “iría á misa”.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES