Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A noite de Merlín

lunes, 12 de diciembre de 2011
O vindeiro sábado, día 17 do actual, a vella cidade de Mondoñedo vai ser o marco axeitado para unha representación músico-teatral que perdurará na memoria das xentes que teñan o privilexio de presenciar, acto que, a media tarde, as campás das igrexas, baixo a éxida da Paula, tocarán a arrebato, convocando ós habitantes das Terra de Miranda para que acudan ó que será remate oficial do Ano Cunqueiriano, co gallo de celebrarse o centenario do nacemento do ilustre veciño.. Preto de 200 persoas están chamadas para implicarse na posta en escena.

O que é o personaxe mais carismático da obra cunqueiriana: a mítica e lexendaria figura do mago Merlin, que nos chegou a través da tradición, é unha nobre mestura de adiviño e de mago, coñecedor do tempo presente, pasado e futuro. Un ser poderoso e misterioso, capaz de transformarse en distintos persoaxes e de engaiolar co feitizo que a fantasía desbordante do fabulador mindoniense foi quen de trasladar á realidade cotiá. Cunqueiro preséntanos a figura dun Merlín afastada do revestimento mítico, case diviño, característico da Idade Media e o humaniza desidealizandoa, convertendoa en persoa de a pé, á que é doado atopar pola rúa, e da que fai unha descripción física como “de poucas carnes” e da forma de vestir, sempre de negro, con bufanda colorada e usando anteollos para ler.

Dende hai moitos anos Manolo Montero, ven amosando pola praza da catedral a que é réplica vivente do Merlín de Cunqueiro, nunha simbiose de persoeiros- o creador, Merlin e Manolo - que potencian e espallan o atractivo, o feitizo e o interese polo mundo de máxicos soños que subxace na obra secular dos seus artesáns da pedra, dos seus músicos e literatos e nas mentes sensibles e cultivadas, receptoras de tanta beleza, dos seus habitantes, de ancestrais vivencias no marco da prodigalidade das variadas artes. De Manolo o poeta Manuel María dixera: “¿Quén dun ermo fai xardín, /un océano dun regueiro, / unha serra dun outeiro/ e un mundo de Pelourín… ?/ ¿Quén me iba decir a mín/ que un mindoniense libreiro/ iba inspirar a Cunqueiro/ a historia de Merlín…?/ E este Merlín singular/- Manuel Montero por nome - / antes que mago é un home / E ten, na ollada, a brilar/ unha febre que o consome/ nun alto e puro soñar…!”.

Mondoñedo eríxese, unha vez mais, no epicentro cultural da nosa bisbarra, depositario dos mais outos valores humanos que a súa longa historia nos amosa, para disfrute e honra de cantos amamos a singular cidade, o lugar mais a propósito – acaso único -para unha representación como a que o vindeiro sábado vai vivirse no seu entorno.

Dende o ángulo da praza o Cunqueiro de Puchades, ledo e satisfeito, será testemuña da xornada lúdica das súas xentes…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES