Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nós sen os bancos; os bancos sen nós

viernes, 09 de diciembre de 2011
Hai unha superproducción audiovisual que, titulada “La vida sin nosotros”, especula sobre como sería a vida na terra se os humanos desapareceramos de repente; como irían desaparecendo as estructuras, as pegadas da vida humana para, en relativamente pouco tempo, desaparecer a nosa lembranza da superficie do planeta.
Pois nestes momentos entre os bancos e as pequenas empresas e particulares hai unha relación que podería entenderse como se unha das partes tivese desaparecido – a algúns efectos – da superficie do planeta. Nestes momentos, os bancos teñen pechado ou restrinxido o crédito de tal maneira que afogan as pequenas economías de particulares ou empresas para os que parecen non existir. Para os bancos non existen os clientes que consideran pouco interesantes. Para os clientes non existen os bancos aos que non poden acudir nos momentos de apuro.
Pero as tornas poden volverse, e os bancos e entidades de aforro ter que depender dos clientes pequenos ou medianos para subsistir. E pode resultar que o que ocorre hoxe de que nós – colectivos e individualidades- significamos pouco para algunhas entidades se transforme no futuro, cando a economía mellore – que mellorará- na situación contraria.
Estannos acostumbrando a funcionar sen as entidades bancarias e de aforro, xa que a elas non se pode acudir para a solución de problemas. Pois quizais cando todo cambie de novo, serán as entidades as que volvan andar detrás de nós como clientes que entón seremos interesantes.
Non chegaremos a eso, pero non estaría nada mal considerar o que sería sen os bancos. Ou sexa, como agora, pero coa xente normal organizada, pasando deles, organizándose de xeito persoal.
É difícil que esto ocorra. Pero, por se acaso, que non sigan dando voltas de tuerca, que as reaccións poden ser imprevisibles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES