Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preescolar na casa

miércoles, 23 de noviembre de 2011
Preescolar na casa foi unha invención dun cura lucense, Antonio Gandoy, ao que a cidade lle rendeu unha homenaxe póstuma colocando unha estatua na entrada á cidade no Polígono de Fingoi, por donde el entraba todos os días pedaleando. Para os lucenses foi sempre “o cura da bicicleta”. A súa estatua, obra do artista mindoniense Juan Puchades, reprodúceo levando da man a súa bicicleta.
Antonio Gandoy coñecía moi ben o rural galego, e sabía as dificultades dos nenos e de súas nais para a escolarización, imposible en centros para os nenos máis pequenos, e inventou este singular sistema que permite que os nenos reciban formación axeitada nos seus primeiros anos de vida, a través de súas nais, nas mesmas casas, con xuntanzas formativas e visitas aos domicilios de especialistas na materia.
Durante tres décadas funcionou o sistema con centos de nenos en feliz harmonía formativa, contabilizándose 4.000 educandos entre 0 e 3 anos tan só no pasado curso escolar.
Agora, “Preescolar na casa” ten problemas. Problemas derivados da crise económica xeneralizada que nos afecta, que non deben afectar á educación, e especialmente a esta parcela educativa tan sensible e tan rendible socialmente.
Cando a Unión Europea ten recomendado que se fomenten accións deste tipo para a formación dos máis novos, e no Reino Unido se emprende un programa similar para formación de pais para que saiban educar axeitadamente aos seus fillos, en Galicia temos problemas coa educación dos máis novos e Preescolar está en crise, únicamente derivada dos problemas económicos que xenera a rebaixa na financiación que correspondía á Xunta de Galicia.
Preescolar na casa ten acreditado ao longo de máis de trinta anos a excelencia do sistema e a necesidade que Galicia ten da súa acción benfeitora. E non merece ter problemas un sistema que ten aportado solución enxeñosa e brillante á problemática xeral da educación dos máis novos en Galicia.
Desexamos larga vida a “Preescolar na casa” na súa froitosa singladura na defensa do dereito máis básico dos nosos nenos. Agardamos que os seus problemas económicos se solucionen porque a Xunta teña en conta o traballo desenvolvido e a necesidade que temos de que siga cada vez con máis forza. Podemos ter que recortar nos máis diversos eidos nos que intervén a Administración, pero os nosos nenos son o futuro, e “Preescolar na casa” unha importante garantía de que ese futuro se ten en conta, se respecta e se impulsa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES