Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preescolar na casa non é iso

lunes, 21 de noviembre de 2011
PREESCOLAR NA CASA non é iso, señora Beatriz Mato

Señora Conselleira: Vimos de escoitala no programa de entrevistas de V Televisión. Según vostede, a súa Consellería agradece a Preescolar na Casa os servizos prestados, pero agora aposta por outro modelo educativo: o das Galiñas Azuis e a creación de miles de postos en escolas infantís no rural, xusto onde case non quedan nenos, porque para certos modelos políticos, señora Mato, o rural xa non existe.
Similar argumentación escoitamos á diputada Marisol Piñeiro en resposta a unha moción no Parlamento a prol do mantemento das axudas a Preescolar na Casa.
A idea que vostedes teñen na cabeza non se corresponde coa realidade. E sábeno ben.
Preescolar na Casa non é unha escola infantil.
Preescolar na Casa non foi unha galescola.
Preescolar na Casa tampouco será unha Galiña Azul.
Preescolar na Casa é un modelo educativo con diferentes propostas, e un referente en educación infantil familiar para o resto do Estado e para Europa, onde fomos explicar o noso modelo enviados, por certo, pola súa Consellería. É un referente, sobre todo despois de que a Comunidade Europea apostara pola parentalidade positiva como unha das mellores vías de futuro para unha sociedade educada. E sobre todo despois de que gobernos europeos dos países máis avanzados, como o de Inglaterra, veñan de crear un servizo educativo para pais e nais con fillos de 0 a 5 anos. Acaban de descubrir o que Preescolar na Casa fai desde hai 34 anos: que a formación de pais para educar mellor desde os primeiros anos é o máis definitorio na vida de cada persoa. E que é xusto aí onde hai que facer os maiores e mellores esforzos.
Personalidades educativas relevantes felicitan en cada foro a presenza dun programa como Preescolar na Casa, os últimos en Madrid e Praga. E din que cada euro investido en educación infantil é máis relevante socialmente que investido na etapa universitaria
Temos, á súa disposición, infinitas testemuñas de personalidades relevantes. Defenderon e defenden o imprescindible labor educativo de Preescolar na Casa. En apoio á familia, tema tan querido por vostedes. En defensa da lingua e da cultura galega. Na vertebración do territorio, asignatura dramática e pendente. Na presenza en apoio dos máis desfavorecidos, como o rural e a montaña, nais e pais no cárcere, inmigrantes, Proxecto Home, barrios das vilas. Na cidade da Coruña por exemplo atendíamos a máis de duascentas familias.
Señora Beatriz Mato, Preescolar na Casa non é o que vostede contou na entrevista. Non somos un programa caduco nin queremos manter unha Galicia que non existe. Ao longo de trinta e catro anos centos de profesionais, que costou tanto formar, e moitos miles de familias fixeron xuntos un traballo impresionante. Como programa vivo fomos adaptándonos ás circuntancias sociais e educativas cambiantes. Somos un programa querido e demandado: temos moitísimas testemuñas á sua disposición.
Por encargo de vostedes estamos agora mesmo en foros nacionais e internacionais que están na vangarda educativa europea, alí onde a atención á infancia e ás familais define a unha sociedade avanzada. Por encargo de vostedes creamos e desenvolvimos o Espazo das Familias en 32 escolas infantís dependentes a da súa Consellería, porque a realidade di que ante necesidades diversas precísase diversidade de servizos. Mesmo temos impartido cursos aos profesionais que traballan nas escolas infantís dependentes da Xunta. Pode preguntar aos profesionais pola formación e información recibidas para levar adiante un traballo educativo de calidade cos nenos e coas familias.
Temos unha revista educativa cunha tirada de 4500 exemplares. Coñece vostede unha revista educativa galega con esa difusión?
Temos cinco programas de radio, un deles na Galega, loado polos seus responsables como vostede pode comprobar. O programa na TVG de Preescolar na Casa leva emitidos 680 programas. Non é difícil atopalo na grella: é o único programa educativo.
Por todo iso invitámola, señora Conselleira, a compartir o noso traballo. Temos moitísimo que dicirlle e moito que falar con vostede, se como responsable política quere escoitar aos que representa. Decatarase de que Preescolar na Casa non se dedica a facer palotes cos meniños. Apostou pola formación de pais e nais como a mellor opción para a mellora da sociedade. E fíxese se estabamos no certo que o noso modelo educativo é válido para unha Europa que aposta por esta vía.
A nosa é unha proposta válida, ambiciosa e moi barata. E de futuro. Porque queremos crer con vostede, no futuro dun país con nenas e nenos, con xente nova, con familias conscientes da súa importancia na educación dos fillos, e non nun país de vellos e de rapaces condenados outra vez a emigrar.
Agradecemos os minutos roubados á súa apretada axenda para ler con atención e cariño estas liñas. E invitámola de corazón a unha reunión para explicar polo miúdo o que fixo, o que fai, o que quere facer Preescolar na Casa.
Un saúdo e unha aperta. Con infinito respecto.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES