Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fincas abandoadas

jueves, 17 de noviembre de 2011
As correntes migratorias fixeron e fan quedar sen poboación as aldeas, e os campos sen traballar. “Lugares” que outrora daban sustento e acomodo a familias numerosas son hoxe ermos onde só os paxaros se fan oir.
A chamada do pobo ou da cidade, cando non da emigración, foi baleirando as nosas aldeas desde comezos dos anos sesenta, e a sangría imparable segue aínda, notándose o continuo desprazamento aos pobos dos habitantes das aldeas, e dos de estes á capital.
Este abandono é unha das razóns –entre outras- da existencia deses pavorosos incendios forestais, potenciados pola desertización do rural, pola aparición de vexetación invasiva, polo descuido en que quedan as que antes eran terras de labor e a invasión de silvas e faramalla dos montes antes coidados e vixiados.
Propón agora o Presidente Feijóo unha medida que pode ser de bastante interese para o noso rural, que discriminará entre os que traballan as fincas e os que as deixan a bravo. Así, os que coiden as súas fincas, as traballen, vivan no rural, terán un determinado tratamento impositivo. Pero os que nin residan no rural nin coiden das súas fincas, terán diferente tratamento, e pagarán en definitiva máis impostos.
O propietario dunha finca será responsable dela e dos problemas que nela se orixinen, segundo o Presidente, que comparou a situación coa dunha finca urbana onde se produce un lume polo mal estado do inmoble, e o seu propietario é responsable do custo de sofocar ese lume.
O elemento económico pode ser moi importante á hora de responsabilizar aos propietario en relación coas súas propiedades, o estado no que están e os problemas que poden orixinar para os colindantes. Que o que non coida a súa propiedade sea apremiado economicamente, e o que a respecta e traballa sexa tido en conta, parece unha excelente medida se se consegue poñer en marcha, para conseguir que os incendios forestais aminoren no verán e poidan poñerse en valor e facelas rendibles fincas que están na actualidade sen a menor utilidade e con perigo para o contorno.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES