Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co Ive

martes, 15 de noviembre de 2011
As campañas electorais, esta mesma campaña, están cheas de conceptos abstractos e faltas de referencias concretas que poidan mover ó electorado nunha dirección determinada.
Pois o candidato do Partido Popular ten feito público un argumento electoral que pode e debe darlle moi bos resultados, especialmente dos medianos e pequenos empresarios aos que pretende solucionarlles un problema ben importante.
Un pequeño empresario, un autónomo, ou unha empresa media, expide unha factura co dezaoito por cento de Ive, e agarda a que lla aboen para poder regularizar a súa situación. Porque tal e como está a situación económica actual, o pago pode dilatarse, e máis se o servizo prestado ou a mercancía facilitada corresponde a unha entidade oficial que teñen calendarios de pago aparte dos regulamentos comerciais ao uso.
Pero sen embargo ese pequeño empresario debe aboar relixiosamente ese dezaoito por cento de ive ao Ministerio de Hacienda o día vinte do mes seguinte á finalización do trimestre correspondente, co que a maior parte das veces se ve forzado a adiantar ese importe sen telo percibido do consumidor que recibiu a factura.
Mariano Rajoy – enténdese que os seus asesores- fai moi ben en fixarse problema, que é moi importante desde o punto de vista dos pequenos empresarios aínda que moitas veces os políticos non se paren a pensar nestes problemas de cada día. E ten prometido que se lle corresponde gobernar, tomará as medidas pertinentes para que o imposto do valor engadido non teña que seR aboado polos empresarios ata o momento en que perciban o importe da factura, co que non só se solucionará unha tremenda inxustiza senón que tamén se soluciona o problema de liquidez en moitas empresas ás que a actual situación ven afogando.
Polo Ive tense protestado en repetidas ocasións, porque é un imposto que en lugar de ser recaudado polo propio Ministerio encárganse del as mesmas empresas, que o facturan, percíbeno, liquídano e págano sendo o Ministerio un puro e cómodo recipiendario dun imposto que lle ven dado en bandexa.

Ata agora mesmo, ademais, os empresarios tamén lle adiantan a Hacienda importes non percibidos que se veñen sumar ás naturais dificultades dun tempo problemático.

O Partido Popular acerta con esta postura. Millóns de afectados quédanse coa promesa e, se chega o momento, estarán esperando polos resultados que redundarán nunha maior estabilidade para as empresas, e en menos dificultades para afrontar as obrigas diante da Hacienda pública.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES