Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non roubedes o futuro a Preescolar na Casa

lunes, 14 de noviembre de 2011
Preescolar na Casa, froito da xenial intuición de Antonio Gandoy, leva trinta e cinco anos a carón das familias. Trátase dun modelo de intervención pioneiro, preventivo e vertebrador do territorio, esa asignatura sempre pendente na nosa terra.
Este referente da implicación das familias na educación dos fillos apostou polo que os países avanzados están a poñer agora en valor: a parentalidade positiva.
Recortes brutais da Xunta fan inviable a continuidade de Preescolar na Casa e os seus Espazos Educativos, que responden ao noso modo de vivir, de falar e de ocupar o territorio, dando resposta ás necesidades do país.
Cómpre apoiar a acción educativa dun programa 100% galego que promove os dereitos da infancia, que apoia á familia, que traballa no período máis sensible, a infancia. E que en contra da opinión pouco informada dos responsables políticos, non é unha gardería, como non foi unha galescola, como tampouco pretende ser unha Galiña Azul. É máis, moito máis. Abonda con entrar na web www.preescolarnacasa.org para decatarse da ambición educativa deste programa.
Os políticos son os nosos representantes. Invitámolos a que estean na rúa, que vexan os rostros dos nenos e que escoiten as voces das nais e dos pais. Como estas:
“Todos os nenos e nenas galegos deberían ter a oportunidade de participar en PnC”
“Son espazos educativos útiles nos que compartir experiencias e resolver dúbidas”
“Non deixedes de loitar por este espazo educativo moi necesario para pais e nais”
Preescolar na Casa, modelo eficaz, exportable e barato, non pode ter os días contados. Daquela, Galicia sería un pouco máis pobre, máis vella, e sen os risos dos nenos, sen o fume das casas nas aldeas, máis triste e solitaria.
Con seguridade os responsables da Xunta queren o mellor para a nosa terra. Invitámolos a apostar polas familias e os meniños, a sementar futuro garantindo a continuidade de Preescolar na Casa.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES