Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A morte non perdoa

lunes, 14 de noviembre de 2011
O elefante move a súa trompa e un chorro de auga cae sobre unhas margaritas que reviven da súa seca. Por pouco tempo. O elefante, coa súa trompa, arrinca unha morea delas e lévaas á boca. A morte chégalle a todos.

O elefante anuncia a súa presenza na sabana cun bruído longo e impresionante. Aos poucos metros cae con todo o su peso sobre un sapoconcho que pasaba por alí. Xa non andou máis. Quedou completamente esmagado. A morte chega de súpeto. Tamén para o elefante.

Derrubárase xa morto. Comera coas margaritas unhas herbas mortais. A morte fulmina aos máis grandes. E aos máis pequenos. Un corvo, que xa notara algo raro naquela masa mastodóntica, pousou no lobo do elefante para darse o gran festín sen saber que, xusto naquel momento, unha aguia planaba sobre o entorno e xa non buscou máis. Lanzouse en picado e, a pesar da velocidade, cun silencio impresionante que, nun amén, atenazou ao corvo e xa o subiu aos ceos. A morte chega veloz e sen aviso.

A raíña dos animais voadores sentíase tan dona de si mesma e dos ceos que non se decatou dunha frecha silenciosa que a atravesou de parte a parte. A morte chega nun ascensor impulsada por unha bésta. Aínda non se pechara o sorriso do cazador negro cando a morte lle chegou cun ataque ao corazón. A morte non perdoa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES