Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cans, que non Cannes

lunes, 07 de noviembre de 2011
Claro que todos oímos falar de Cannes e o seu sonado Festival de Cine, sobre o que xira unha das novelas de Paulo Coelho, que ven ser referencia obrigada para o cine mundial que aspira a ser recoñecido en Europa.
Como a intelixencia é o elemento que move as montañas máis altas, a aldea pontevedresa de Cans deu por facer un festival anual de cine, sen pretender máis parangón que a pura utilización de xeito gracioso do seu nome propio para conseguir un festival cinematográfico que fose á vez unha intelixente chiscada de ollo a todos os cinéfilos galegos.
Coidabamos que esta iniciativa, que proxecta os filmes en palleiras e transporta aos invitados en chimpíns e tractores, non tiña saída fóra das nosas fronteiras, pero un curioso feito fainos crer que ten alcanzando relevancia mundial.
Con motivo da última reunion do G-20, que concitou en Cannes aos máis destacados líderes dos países máis poderosos do mundo, o tamén poderoso xigante informativo CNN ilustrou unha das súas crónicas cunha imaxe da Península Ibérica, onde Cannes aparecía perfectamente colocada cara ao norte da costa de Galicia.
Galicia queda lonxe dos Estados Unidos, pero Cannes cabía supoñer que lles quedaba máis de preto. E postos a considerar posibilidades, poderiamos pensar que se confundiron de festival e atoparon na Rede ou nas súas fontes informativas un Cans que se escribía algo diferente pero tamén quedaba aló, despois do Atlántico.
Seguro que esta anécdota lles serve aos de Cans para afianzarse no seu orixinal traballo de difusión cinematográfica. E a nós orixinounos un sorriso cómplice, e a ocasión de facerlles patente a nosa simpatía.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES