Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axudas culturais

viernes, 28 de octubre de 2011
Non lle facían falla informes previos á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para reducir ou anular subvencións, pero informe tivo.
O Consello da Cultura Galega facilitou un informe a Cultura sinalando que o sector das fundacións culturais de interese galego é moi feble, con recursos limitados, excesivamente dependente dos poderes públicos, con dotacións fundacionais manifestamente insuficientes, e con escasa capacidade de conseguir recursos privados.
Esto é válido para as fundacións pero tamén para todo tipo de asociacións culturais que son conscientes do seu papel de dinamizadoras do tecido e da actividade cultural pero non disponen de fondos para afrontar as súas actividades. Estes fondos teñen que vir dos entes públicos que no caso de Galicia son os concellos, as deputacións, a Xunta de Galicia e algunha que outra Fundación dependente de entidades bancarias e de aforro.
Un destes puntais na financiación de actividades culturais, a Xunta de Galicia, ven de darse de baixa no seu papel patrocinador, agardemos que de xeito temporal, por non dispoñer de fondos para tal fin, e asegurando que leva repartidos este ano case medio millón de euros en axudas e subvencións.
A supresión afecta a unha convocatoria feita pública oficialmente a través do Dog, que non chegara a ser resolta nin siquiera estudiadas as diversas peticións formuladas, a pesar de que cada convocatoria ten que contar cunha dotación presupostaria establecida, que agora queda sen efecto.
Conseguirase, non hai dúbida, a estabilización presupostaria con medidas drásticas coma esta, pero tamén se vai conseguir barrer dun plumazo moitas pequenas e interesantes iniciativas culturais de base, nas zonas máis deprimidas, que son as que conforman un tecido imprescindible para a nosa tradición e a nosa cultura.
Agardemos que se trate dunha triste decisión coxuntural que non vai ter repetición ou continuidade en anos sucesivos. Eliminar axudas culturais previstas oficialmente porque a Consellería ten outros compromisos adquiridos fala de imprevisión, de improvisación, de discriminación.
A cultura básica, a cultura local, a pequena cultura de cada día – a das subvencións de 500 ou 1.000€ ao ano- está triste e esquecida. É unha magoa. Para todos os galegos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES