Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Remata o terror

lunes, 24 de octubre de 2011
Oficialmente desaparece a morte violenta organizada do panorama político e social de España. En tempos, sería a mellor noticia que podería recibir a sociedade española; no momento actual, todos nós dabamos por producido ese cese da violencia, dada a situación da banda nos últimos tempos.
Certamente, as forzas e corpos do seguridade do Estado tiveron contra a banda terrorista un labor tan importante que a esta loita do bando legal contra a violencia gratuita hai que atribuir moi boa parte do resultado favorable que agora constatamos. Figurando, quizais en segundo lugar, o comportamento do país veciño, Francia, en deixar de ser lugar de asilo ou acobillo dos terroristas despois de cometer atentados a este lado da fronteira.
Por outra parte, a sociedade vasca parece ter cambiado fortemente nos últimos tempos, e ter comprobado que o acceso pacífico ás institucións é moito máis reindible, xustificable e efectivo que calquera outro medio non pacífico. E os visitantes –turistas ao fin- do País Vasco nos últimos tempos comproban a apertura do territorio e das xentes ó resto dos habitantes do Estado que deixaron de sentirse en terra diferente para saberse estimados como iguais.
Que remate o terror é bo para todos, incluido os galegos que en tempos estivemos no punto de vista de Eta para montar aquí sucursal violenta, sen que – tamén por colaboración cidadá e traballo policial- conseguiran o seu sinistro propósito.
E en Galicia quédannos os restos duns tempos caducos nos que alguén podía pensar que coa forza e a violencia podería obter algún tipo de rendemento social ou político.
Hai moito tempo que este pobo – Galicia e España- demostrou que quere traballar e vivir en paz, sen salvadores de ningunha clase, especialmente sen violencia, e parece que o imos conseguir.
Independentemente do triste papel que lle fixeron xogar a destacadas persoalidades políticas – o exsecretario xeral da Onu entre eles- que deberán sentir vergoña cando sexan conscientes do ridículo que viñeron facer a un país que non precisa de analistas, redentores nin intermediarios.
Xa tiñamos esquecido o problema. Por eso non lle damos ó cese das hostilidades da Eta a dimensión que posiblemente ten. O terrorismo hai moito tempo que foi vencido. A semana pasada foi, simplemente, a rendición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES