Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

TV infantil en inglés

viernes, 21 de octubre de 2011
Tanto tempo suspirando por uns medios informativos audiovisuais que falasen coma nós e agora ven decirnos Rubalcaba que o perfecto é o contrario, pronunciándose polo inglés para que os nenos reciban as súas primeiras emisións televisivas.
Dentro das campañas Electorais xorden os temas máis peregrinos e aparentemente innovadores para chamar a atención dos electores, como se todos nós votásemos en razón de propostas cando o facemos baseados en razóns que moitas veces a razóns non entende.
Ten razón Rubalcaba en que outros países emiten a programación infantil en inglés. E neses países, Rumanía por exemplo, teñen un alto nivel de coñecemento de inglés porque en inglés reciben as telenovelas e numerosos programas. Claro que o que non dixo o candidato é que neses paises (En Portugal pasaba o mesmo co cine) non eixste unha industria audiovisual coma no noso, e diante da carencia brutal de producción no idioma propio algunha vantaxe ten que obterse, como é o coñecemento do idioma invasor, no que reciben as máis importantes mensaxes a través dos medios audiovisuais.
Que os nosos nenos reciban clases de inglés, perfecto, que resulta ser o idioma perfecto para relacionarse en todo o mundo, aínda que tamén o castelán ten un papel preponderante con varios centos de millóns de hispano falantes. Pero a emisión dos programas infantís en inglés hule a colonialismo, a entreguismo, a sen sentido.
Agora que conseguimos que as doblaxes en castelán dos programas infantís sexan en castelán de aquí, con xiros e pronuncia propios, a proposta do candidato parece un despropósito. E en Galicia, agora que conseguimos que os heroes infantís falen coma nós, volver ó punto de partida sería renunciar ó camiño de afianzamento do último cuarto de século.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES