Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xustiza de Sancho

lunes, 17 de octubre de 2011
A L G U N H A S O B X E C C I Ó N S Á X U S T I Z A D E S A N C H O
(ler o capítulo 51 da 2ª parte do Quixote)


Nos primeiros días do goberno de Sancho na ínsula Barataria, chegou por eilí un emisario de catro desconcertados xuíces pedíndolle consello sobre a seguinte cuestión: Un caudaloso río dividía dous termos dun mesmo señorío (....e.) sober deste río estaba unha ponte, e o cabo dila unha forca e unha especie de casa de Audiencia, na que de ordinario (os) catro xuíces xulgaban a lei que puxo o dono do río, da ponte e do señorío, que era dista forma.:”se alguén pasara por ista ponte dunha parte a outra, ten que xurar primeiro (antes de pasala forca e a audiencia) a onde e a qué vai; e se xurase verdade, déixenno pasar, e se dixera mentira, morra por ilo aforcado na forca que eilí se mostra, sen remisión algunha” (.....).Coma os xuíces botaban de ver no que a xente dicía que (moitos) xuraban verdade,(...), deixábannos pasar libremente (pero sucedeu) que tomando xuramento a un home, xurou e dixo que pró xuramento que facía, que ía morrer naquela forca que alí estaba, e non a outra cousa. Nestas condicións os xuíces, cheos de dúbidas, pensaban que iles non eran quén para aforcar eisí a ninguén , sen máis nin máis; nin tampouco pra deixalo pasar a ponte e aforcalo logo mellor, máis xustificadamente. ¿Qué facer?

Unha execución ó 50%, coma salomónica e socarronamente tanteou primeiro Sancho, era xa de entrada técnicamente incorrecta. Pero inda peor era o perdón que, lembrándose do principio da “dúbida piadosa” de don Quixote, ocorréuselle derradeiramente a Sancho: amáis de arbitraria, sería ista unha claudicación do “home grave” que debe conter todo gobernador, fronte ó “home moral” -coma diría tamén o lío de don Quixote-

Coido que Sancho, os xuíces e probablemente o propio don Miguel -pese a escribir que ”no que a xente dicía, os xuíces botaban de ver que xuraban verdade”- non tiñan ben estudado o caso . I elo por dúas razóns:
Primeiro porque, posto que só despois de pasala Audiencia e a forca se podería saber de seguro se os camiñantes tiñan xurado verdade ou non, non se podía en rigor xulgalos antes. Non se podían xulgar sucesos non sucedidos –coma prevaricadoramente víñase facendo ó parecer-. Polo tanto, a Lei era viciosa, a Xustiza imposible e a ponte inútil
Doutra banda, unha razón máis contundente niste asunto que a incompetencia dos xuíces era a imposibilidade legal de usar un instrumento que, como a forca, non estaba previsto pola Lei a istes concretos efectos.
Ante a habitual terquedade da Lei, a primeira vista a solución parece que sería derribala ponte, sen máis.

Nembargante a extravagancia do camiñante suicida tennos un pouco moscas. Algo experto nos intríngulis das leis, pero seguramente non moito, semellaba estimar coma perigosa a opción dunha mentira ordinaria, por se a iletrada xustiza levárao así incorrectamente á morte. A súa paradóxica petición de aforcamento seguramente contiña máis afagadoras expectativas. Efectivamente, a ubicación da forca ó final da ponte pero non máis alá, permitiríalle someterse por fugazmente que fora a un amago de real aforcamente, interín no que os xuíces terían a triple responsabilidade de testemuñar a veracidad do xuramento, de deter a tempo a execución e de concederlle o dereito de paso, coma moi detalladamente dispoñía a Lei. Pero do que non se dou conta o pretendente foi de que ista incontestable lóxica era ó mesmo tempo a máis flagrante proba de que a súa intención non era esa, de que mentía. Xa que logo, o camiñante debería ser aforcado.

Unha derradeira consideración: se a ponte fora derribada a escape, de agora en adiante nin os camiñantes nin nós perderíamos máis o tempo co negocio iste. O río pasaríase sempre incluso a nado e a misericordia acudiría alí sempre por se mesma, ca natural e límpida fluencia do propio río; sen comprarse nin venderse. Igual que máis alá do cero está a nada, máis alá do imposible e do inútil está o “non hai caso” (coma se dí agora).

Desculpando pois as veleidades literarias de don Miguel e os dores de cabeza que eu puidera terlle provocado ó respetable con iste asunto, propoño derradeiramente un dictame que, pola súa contundencia, xeneralidade e garrulería ben puidera haber sido suscrito polo mesmísimo Sancho: “Morto o can, rematouse a rabia”
______________
*A miña remota lingua de neno (1940) non coincide ó 100% co actual galego escrito. Por outra parte, algunhas verbas casteláns son imprescindibles e outras galegas inaceptables.
**Isto é o que lles pasa as leis imposibles, que soamente serven para xerar delincuentes imaxinativos. Mellor sería acabar antes, dunha vez, con tódalas ocasións.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES