Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monseñores

lunes, 03 de octubre de 2011
O 23 do actual, tivemos a gozosa ocasión de participar en acto singular, solemne i emotivo, na catedral de Mondoñedo. A nosa presenza debíase ó desexo de ser testemuña da entrega que o bispo facía dos títulos de Prelados de honor da Súa Santidade, a D.Uxío García Amor e D.Enrique Cal Pardo, ós que se recoñece o seu labor sacerdotal, en entrega exemplar, ó longo de moitos anos.

Non deixamos pasar o evento sen glosar, dende a nosa torpe dialéctica, a personalidade, humana e intelectual, dos distinguidos, con cuxa amizade nos honramos dende hai 50 anos e ós que temos por persoeiros modélicos, considerada a condición mais alá da entrega entusiasta à que é, dende moi novos, a súa irrenunciable vocación,

D.Enrique e D.Uxío compendian as virtudes que invisten ò individuo da autoridade moral que lles otorgan as persoas que os coñecen : a personalidade e formación, intelixencia e cultura, sempre ó dispor dos demais; a honestidade e sinxeleza; o respecto e consideración para cos semellantes, o espíritu de servicio… Son esas, e outras, as razóns polas que aquela tarde os presentes amosaban a emoción e o seu contento por vivir preto destas persoas excepcionais, a ledicia compartida, física e anímicamente.

D.Enrique, traballador incansable, escritor, historiador, investigador, mergullado no anonimato voluntario dende o que, con toda a modestia, case que pedindo perdón, imparte o seu maxisterio, como lle consta a este cronista…

Os comezos da nosa amizade con D.Uxío sitúanse polos anos sesenta cando se creou o Orfeón de Obreiros de Mondoñedo, do que foi o primeiro director, colectivo co que este cronista mantivo sempre, e mantén na actualidade, lazos moi afectivos. Poeta, musicólogo, xeneroso, bondadoso, é a dozura en persoa..
O título recibido permitelles utilizar na sotana botonadura bermella e faxín da mesma cor, como fixeron o día mencionado.

Para nós tales adobíos non fan senon vestir de gala a que é a súa proverbial humildade.Desde agora, dous Monseñores; parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES