Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Paco, mariñán insigne

jueves, 29 de septiembre de 2011
O vindeiro venres o concello de Lourenzá vai tributar unha homenaxe ó que, sendo seu fillo predilecto é, por extensión, fillo insigne da Mariña: don Francisco Fernández del Riego, un dos meirandes persoeiros da cultura da nosa terra.

Coñecimos en persoa a don Paco hai preto de vinte anos (1994), en Ourense, co gallo de celebrarse no hotel Auriense unha cea de gala, no marco da cal se entregaban os premios “Irmandade do Libro” que convoca a Federación de Libreiros de Galicia,
velada á que, convidado de honra, asistía o ilustre intelectual. A organización tivo a deferencia de situarnos mesmo ó seu carón e tal ubicación permitiunos, a través da densa conversa, coñecer moi de preto a súa personalidade humana; da obra tiñamos
coñecemento.

O que fora presidente da R.A.G. que recibíu ó longo da súa extensa e fecunda vida, os mais importantes galardóns: Pedrón de Ouro, Medalla Castelao, Premio Trasalba, Galego Egrexio, Medalla de Ouro de Galicia, doutor Honoris Causa, etc. pasou os 12 primeiros agostos da vida (nacera en 1913) na vila focega., á que viaxaba no carro da Capieira de Vilanova. Hospedábase o rapaz na casa de Rogelia, viuva dun mariiñeiro, no Campo, e recordaba que o chan da casa estaba sempre estrado
de area do mar, apañaba ollos maus, pescaba camaróns co esquieiro e os domingos, ás doce, a banda de Martiz, de Vilaronte, daba un concerto no peirao.

Falamos tamén de temas de actualidade e o ilustre académico laiábase de cómo, incluso dende as administracións públicas, estase a agredir o patrimonio cultural e histórico, e de cómo a falta de sensibilidade, e aínda de visión de futuro, masacra a
paisaxe rural e urbana dos nosos pobos. Nun momento dado, díxonos: “Eu fun un político con ilusión e honesto" e a maiores, engadimos nós, excepcionalmente culto, coherente, tolerante e con esa humildade, que conserva íntegra, que é patrimonio dos
grandes homes “Eran aquéles, tempos de políticos románticos, que non buscaban compensacións, traballaban por ideais, cunha pureza e unha autenticidade admirables”.

Dende o encontro en Ourense visitámolo cada vez que viaxábamos a Vigo onde dirixía a Casa Galega da Cultura, ata prácticamente os derradeiros días da vida. A enfermidade da súa dona Evelina, postrada física e mentalmente, era “a razón principal, díxonos nunha ocasión, que me impide visitar a miña amada terra de Lourenzá, que tanto añoro”. A don Paco afetouno un grave problema de mobilidade e non voltou á terra. Do Mundo de Galea, que quería invistilo Cabaleiro do Mariscal, viaxaron medio cento de membros á cidade da oliva e alí, en acto solemne, con todo o rigor e a parafernalia, consumouse o mesmo. No parlamento que, por voceiro do colectivo nos correspondeu, entre outras cousas, dixemos “”Estas que o acompañan son as súas xentes, as xentes da bisbarra que ten para vostede o corazón en Vilanova; daqueles pobos que con tanta galanura describe no seu fermoso libro “Lourenzá”. Vimos a ofrecerlle o testemuño da nosa gratitude, da nosa admiración e do noso agarimo. Porque é vostede persoa que honrou sempre, e honra, a súa terra, que é a nosa, Grazas polo exemplo.

Traémoslle a esta cosmopolita cidade a lembranza da virxiliana natureza do seu val, ”a cunca multiverde arrodeada de lombas”, como vostede a chamou, e tamén as brisas da Rapadoira que tanto disfrutou na súa nenez. Traémoslle os recordos do seu ”vagacento pasear” polo silente cantón enlousado da súa vila natal; os lugares e paraxes que lle son tan queridos… Por iso, e moito.mais, O Mundo de Galea quere distinguilo co máximo galardón que lle é posible:Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela”.

A emoción do homenaxeado, a cuxas costas penduraba a foto xigante do mosteiro laurentino, era ostensible. Don Paco vivíu unha xornada emotiva e feliz, na que non faltou a gaita nen as vellas cantigas da nosa bisbarra.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES