Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Augas revoltas no Psoe

martes, 27 de septiembre de 2011
As augas baixan turbias no Psoe do occidente do occidente. Porque os dous últimos lumes brotaron en Ourense e Pontevedra á luz das próximas eleccións xerais diante das que , quen máis quen menos, está fondamente preocupado.
En Pontevedra elixen a Carmela Silva como número un para a lista do Congreso, sen que a candidata teña respectado a que parece ser regla número un do Psoe nestes tempos, que é a dun militante: un cargo. E Carmela Siilva xa é concelleira e tenente de alcalde de Vigo, sen que teña dimitido para quedar en liberdade para ir nas listas do Concello. A organización provincial está firme na súa proposta, e agora quédalle ó partido a toma dunha difícil decisión.
Pero máis difícil está aínda o de A Coruña onde o exalcalde Losada ven de ser elixido para ir na lista para o Senado, nunha reunión que suscitou algo máis que controversias polos resultados na capital coruñesa das últimas eleccións municipais. O rebumbio no comité provincial onde foi elexido representante non é nada comparada coa vertiente exterior do tema, onde ata o blog dun coñecido militante socialista publica unha chamada a non votar a Losada nas eleccións do 20 N.
Suponse que unhas eleccións de por si teñen que aglutinar a todos os militantes na dirección adecuada, e convertir toda a forza nunha piña sen escisións nin fisuras, que bastante difíciles están a cousas en calquiera lid política, e máis aínda coa que está caendo.
O 20 N precisa unidade en cada forza política para chegar ás urnas cos apoios e coa solvencia precisa. No occidente galego o Psoe fai augas, navegando en augas turbulentas con demasiados timoneles e sen que haxa quen se dedique a achicar a auga que entra.
Mal imos se non se remedia este coro desafinado de coristas que poden intuir a música pero non saben a letra das súas partituras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES