Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ovo ou a galiña?

lunes, 19 de septiembre de 2011
Por moito que no lo continuemos preguntando, nunca saberemos qué foi primeiro se o ovo ou a galiña?.

Eu, pola miña parte, sosteño que foi o ovo, é dicir, a evolución natural da célula, que acabou por "dexenerar" nun poliño sen plumas que logo foi unha galiña. Ou, dito con outras palabras, a Natureza, que é sabia -moi sabia- puxo por riba da mesa as condicións ambientais e reproductivas exactas para que a célula se multiplicase dunha determinada maneira, esa célula reproducida se transformase en xema, en clara e en tódolos fluídos intermedios, todo iso se recubrise cunha cáscara e, coas condicións de humidade e temperatura necesarias, acabou por incubar ó primeiro poliño -que tivo que ser, loxicamente, unha pola- para que cando se fixese adulta se convertese nunha galiña -ou pita- poñedora coma esas que agora ten Coren por milleiros e que axudan -e de qué forma- a desenvolver coa súa fertilidade a nosa economía.

É de supor que sobre a cuestión ha de haber centos -por non dicir milleiros- de teorías, algunhas con base científica e outras, coma a miña, baseadas na pura lóxica evolutiva. E para sabelo mellor, non hai como ir ó "san google" e teclear, por exemplo "el huevo o la gallina" para comprobar que no breve intre de 0,15 segundos un pode ter ó seu dispor nada máis e nada menos ca 2.510.000 entradas nas que se fai referencia a esta dicotomía. E non lle digo nada se o que fai é consultalo en inglés e teclea "the chicken or the egg", pois entón, o resultado pasa a ser de 51.800.000 entradas. En fin..., como para querer entreterse unha tarde enteira.

Lembrei eu esta transcendental disxuntiva nantronte mentres lía a reportaxe que publicaba un xornal que nos informaba de que a provincia de Ourense carece de transporte público que nos conecte con Portugal. Lembreina o ler o conxunto, pero dun xeito especial a espita da memoria activóuseme ó ler as declaracións dalgúns alcaldes resignados que semellan escudaren a súa incompetencia (é dicir, a súa falta de competencia administrativa) nunha dose de pretendido "realismo" e sobre todo no "contexto económico actual" que agora é o paraugas que o tapa todo.

Entón, nun momento da lectura, pola calada dixen: ¿Pero estes alcaldes e a propia Xunta de Galicia non coñecen a disxuntiva do ovo e da galiña?

E a resposta -tamén dos meus adentros- aflorou de contado: Pois que a apliquen.

E a resposta é evidente: Seguir os pasos da Natureza, que é sabia -moi sabia- e facer o que ela fixo co ovo. É dicir, poñer por riba da mesa as condicións propicias e fomentar unha osmose real e cotián entre as xentes dun e doutro lado da fronteira e verán se dá resultado. Porque a Portugal pódese ir a moito máis que a ir comer o bacallau. Entre outras, buscar posibilidades de negocio no “contexto económico actual” que padecemos todos.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES