Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mestres

lunes, 19 de septiembre de 2011
Que difícil pronunciarse nun tema como o aumento de horas lectivas ós mestres, do que parece depender a calidade e o futuro do ensino dos membros máis novos da nosa colectividade. Aínda que eses nenos, na actualidade, sexan –tamén colectivamente- dos menos adiantados da Unión Europea.
Os pronunciamentos públicos en relación coa banca, a administración en xeral, os servizos de limpeza ou a hostelería, non revisten o máis mínimo problema e calquera está capacitado para opinar libremente sen que lle caia encima todo o peso dun colectivo.
Mesmo en sectores considerados privilexiados como os controladores aéreos, os pilotos de avión, os altos directivos das empresas, calquera medida que se tome non provoca demasiado rebumbio. Non obterá o máis mínimo resultado, pero non levanta sarpullidos. Pero se afecta á clase médica, ou á educación, ¡está armada!.
A todos se pide responsabilidade en tempo difícil, os funcionarios –aquí tamén están incluidos moitos docentes, médicos e profesionais en xeral- viron disminuidos os seus salarios nunha porcentaxe sustanciosa, o panorama económico ó noso arredor contráese de xeito ostensible... e no eido da educación o tema manifestase nunha volta de tuerca en canto a dedicación, supresión de prazas de ensinantes onde a matrícula descendeu, e outros aforros máis ou menos discutibles.
A guerra está armada, e fronte ás decisións das autoridades académicas xorde unha fronte educativa na que os pais son os convidados de pedra. E fronte ás manifestacións e protestas, aparece a pouco inocente noticia de que os docentes españois son os mellor pagados da OCDE, aínda que tamén superan a media de horas lectivas.
En tanto, comeza o curso con relativa tranquilidade, e a vida segue.
Para que saibamos exactamente como queda o tema, e quen ten máis razón, teñen que producirse máis movementos, máis noticias. Se a cousa queda así, haberá que pensar que non era para tanto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES