Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vendiches a túa alma ao Diabo

jueves, 15 de septiembre de 2011
ANXO LORENZO, VENDICHES A TÚA ALMA AO DIABO

Como te me pareces a Fausto, querido Anxo Lorenzo. Eis o drama.

PREPARACIÓN DA ESCENA: Nota de prensa: “Anxo Lorenzo tacha de "lamentable" a suspensión das axudas ao galego".
"O secretario xeral lamenta que o seu departamento "tivese que anular" as axudas á promoción local do galego e aos libros de texto".
"Convocaranse de novo as axudas cando a Xunta aprobe os orzamentos. É unha solución insatisfactoria, pero é a que temos". Di Lorenzo: xornal.com. -CULTURA.- Alberto Ramos | 14/09/2011 - 14:58 h.).

ACTO PRIMEIRO: "A tráxica historia do doutor Fausto. “É unha obra de teatro escrita por Christopher Marlowe, baseada na lenda de Fausto, na que un home vende a súa alma ao demo para conseguir poder e coñecemento. Pode interpretarse como unha metáfora do home que elixe o material fronte ao espiritual, polo que perde a súa alma".
"A obra trata a historia de Fausto, doutor en teoloxía, quen na busca do poder e coñecemento decide vender a súa alma ao Diabo. E para conseguir os favores del enguedéllase cun daqueles servos, un miserable segundón, o demachiño Mefistófeles".

ACTO SEGUNDO: Versión actual. Personaxes.- Alma vendida: Língua e cultura galegas. Actores: Anxo Lorenzo. Alberto Núñez Feijoo. Jesús Vázquez.
Velaquí as semellanzas que eu encontro ao ler as notas de prensa: Un home que vende á súa alma ao demo para conseguir poder: Unha Secretaría. “Pode interpretarse como unha metáfora do home que elixe o material sobre do espiritual. E perde a súa alma”: A misión de defender a lingua e cultura do seu pobo.
Na historia actual: Anxo Lorenzo, doutor en Filoloxía Galega, co nomeamento para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, decide vender a súa alma, lingua e cultura galegas ao diabo, o Lucifer, o demo maior. Para conseguir eses favores, achégase e supedítase a un servo del, o Mefistófeles, un demachiño segundón, na Consellaría de Educación.

ACTO III.- “Chámanme verdugo dende o día do nomeamento”. Fausto sempre foi unha personaxe dubitativa. “Cando Mefistófeles regresa, Fausto asina o contrato, e descobre no seu brazo a inscrición "Homo fuge”, (home foxe)”. Mas non se atreve. Fica coma un monicreque na escena. Non é ninguén. Pero fica. A onde vai ir?

DESENLACE: “Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores de Política Lingüística define o ano 2011 como "un ano dramático para a lingua" que culmina coa eliminación das axudas á promoción local do galego”. "Anxo Lorenzo só pode dimitir, perdeu a pouca credibilidade que tiña". “Anxo Lorenzo perdeu xa a escasa credibilidade que tiña, xa non é o interlocutor válido para representar a administración autonómica neste eido. Só ten unha saída: dimitir. Se está de acordo con que a Xunta anule estas axudas, ten que marchar. Se non estaba de acordo e as anularon, ten que marchar. Lorenzo só pode dimitir”. (xornal.com | 14/09/2011 - 07:15 h.).

“Mentres Fausto se pregunta a onde pode fuxir, Mefistófeles preséntalle a un grupo de demos que o cobren de coroas e ricas vestimentas”. E entra definitivamente no inferno da súa propia angustia. Que outro estado anímico podería esperar?

Parabéns!, e boa andaina, compañeiro Anxo!

Moralexa: Nunca vendas a alma a ningún demo.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES