Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fraga

viernes, 09 de septiembre de 2011
Hai moitos anos que Fraga publicou, a xeito de memorias, un libro titulado “Memoria breve de una vida pública”, pero non era máis que o que podería ser unha primeira entrega, xa que desde entón prestou numerosos servicios á política, á administración e ó país, nunha vida pública longa e froitosa que agora parece chegar ó seu remate.
Fraga cumpre neste ano sesenta de vida pública, desde aquel lonxano 1951 no que comezou a desempeñar o cargo de secretario xeral do Instituto de Cultural Hispánica. E se temos en conta os servizos á administración, esta súa dedicación suporía seis anos máis xa que no 1945 obtivo o cargo de Letrado das Cortes, ós 23 anos, unha vex conseguidos os doutorados en Dereito e Ciencias Políticas e Económicas.
Sempre proa no mundo da actividade pública o seu paso polos diversos cargos foi marcando época, quedando a súa impronta na secretaría xeral técnia do Ministerio de Educación, e de xeito especial no Ministerio de Información y Turismo, onde unha Lei de Prensa –controvertida, lóxicamente dado o o momento e o país- leva o seu nome, e o turismo se convertíu nun fenómeno económico e social que aínda hoxe marca a España como un dos primeiros paises do mundo no eido das viaxes. Como embaixador no Reino Unido, acrecentou un prestixio de home público, que logo se consolidou como deputado no Congreso, Presidente fundador e Presidente de honra do Partido Popular, Presidente da Xunta de Galicia e finalmente Senador.
Os últimos tempos rexistraron un declive físico, manténdose a viveza intelectual e a constancia do seu traballo político. Pero a natureza marca as súas leis, e ós oitenta e nove anos, por primeira vez, non acudíu a Galicia ós veráns de Perbes nin ás fesstas patronais da súa Vilalba. Agora, comunícase a súa retirada da política activa por motivos de saúde.
Unha longa vida pública remata, ou sofre un parón. Fraga pode deixar a política activa na presencia diaria. Pero o que non cabe duda é que hai moito tempo que entrou na historia deste país, feito que recoñecen ata os seus contrincantes. Como recoñecen todos a súa firme postura na defensa das súas ideas e a súa honradez acreditada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES