Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos

jueves, 01 de septiembre de 2011
Rexístranse menos problemas nas operacións relacionadas co tráfico. Menos afluencia ás praias. Menos apuros nos restaurantes. Menos, en case todo o que nos rodea.
Din os matemáticos que menos por menos da máis. Que menos por máis da menos. E menos máis menos, tamén.
Estamos nun proceso de reducción. As administracións públicas reducen a súa actividade, reducen ámbitos de influencia, reducen gastos. Os subministradores de produtos ou servizos sofren esa minoración e repercúteno nas súas compras, nos seus contratos laborais, na súa actividade.
E a cadea continúa sen fin, porque se as administracións públicas son as animadoras da actividade, dinamizadoras da economía, cando se paran ou ralentizan a súa marcha a economía párase ou redúcese na mesma proporción.
Neste momento, todos os sectores económicos están botando o freno. Mesmo os voos nos aeroportos se reducen porque hai menos viaxeiros, as compañías aéreas reducen actividade, suprímense axudas, e a crise aparece con toda a súa crudeza.
A finais do pasado xullo, os galegos en situación de pobreza chegaron a 580.000, que ven ser máis ou menos a cuarta parte da nosa poboación, en cifra que dista moito de ser definitiva porque o paro vai seguir facendo estragos. Durante o primeiro semestre do presente ano, 39 familias galegas e un total de 188 empresas entraron no que antes se chamaba “suspensión de pagos”e agora se denomina “concurso de acreedores”.
Todo vai a menos no noso contorno. Pero parece como se todo esto fose un problema menor, e os que gobernan pérdense en consideracións de investimentos, contención de gastos, balanzas de pagos ou dedicacións exclusivas. En tanto, todo vai facéndose “de menos” en valor, en interese, en ilusión. Facémonos e fannos de menos. Eso, especalmente, é a crise que nos afoga.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES