Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As primeiras forzas

martes, 30 de agosto de 2011
Pódese dicir que cando Gerónimo Calviño pasa por debaixo do marco da porta da cociña, empeza aí, para el, un novo día. Xa que é aí onde colle as súas primeiras forzas co almorzo.

Para elo, colle o cazo e pono enriba da vitrocerámica, bota algo así coma unha cunca grande de leite e acende a cociña. Na cunca deixa caer unhas pingas de café. Poucas; que lle dea color tan só. Mentres quece o leite, aproveita para poñer os zapatos e para estender enriba da mesa un pano no que, logo, caerán os migallos do pan cando lle bote este ao leite.

Case toda a vida almorzando leite con pan. De rapaz eran papas de fariña con leite. Tan axiña como o leite empeza a fumegar, Gerónimo Calviño retira o cazo, bota o leite na cunca, miga o pan e disponse a almorzar. Cando remata, deixa todo no vertedoiro e larga para o seu traballo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES