Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora de Internet

martes, 16 de agosto de 2011
Hai poucos días celebrábase a aparición hai vinte anos da primeira páxina en Internet. Desde entón, neste breve período de tempo apareceron millóns de páxinas, e revolucionouse o mundo da información, conseguindo resultados que parecían imposibles en canto á interacción entre os informadores e os informados.
Tal foi o papel que foi cobrando Internet no mundo de hoxe que todos os medios informativos que pudiéramos chamar tradicionais ata agora – Prensa, radio, televisión- se viron obrigados a contar coa súa correspondente páxina ou portal informativos, para non perder a ocasión de contactar co público por este medio, pero sabendo ou intuíndo que estaban facéndose competencia, xa que a gratuidade en Internet polo de agora é incontestable, e os medios escritos viven da publicidade pero tamén da súa tirada e da venda de exemplares.
Os resultados en Galicia non poden ser máis expresivos, cando nos últimos meses levan desaparecido xornais tradicionais como “A Nosa Terra”, “A peneira”, “Galicia Hoxe” e “Xornal de Galicia”, quedando deles unicamente a súa edición on-line.
Chegou a hora dos medios en Internet, con todas as dificultades que poidan presentarse, con todos os nubarróns que amenazan ás empresas e especialmente ás aventuras informativas. Deses medios escritos que apostaron tamén pola Rede, queda unicamente esta versión como testemuña e presencia. A Rede, polo de agora, segue a ser un escenario de liberdade, información e cultura, axeitado ós tempos de hoxe, con custos que se manifestan asumibles polas empresas, e que –con todas as dificultades do presente- auguran un futuro sostible ó alcande de todos.
Sempre opinamos que Internet é o medio do futuro, con dificultades no presente. Seguimos apostando por ese futuro, por moitos atrancos que o tempo actual nos vaia presentando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES