Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pregón do San Lourenzo

viernes, 12 de agosto de 2011
O pasado venres tivo lugar na Casa da Cultura, o pregón que cada ano, en vésperas do San Lourenzo, alguén se encarga de pronunciar; un labor que soe solicitarse a distintas persoas, atendendo a circunstancias que nas mesmas concurren ou, a veces, a determinados obxetivos dos individuos que, polo seu posicionamento no organigrama, son os encargados de solicitar a devandita colaboración. Nesta ocasión produciuse unha amable novidade, rachando co que ven sendo tradicional, ó encargarse desa función todo un colectivo do mundo da cultura: a Coral Polifónica. A iniciativa foi un acerto e polo tanto, a innovación, un éxito. Posiblemente nunca o publico -que ateigaba a sala- viviu en edicións precedentes un acto semellante, en actitude tan participativa, expectante e tan compracido.

O cancioneiro tradicional focego- composto sobre todo por cantigas da terra e habaneras- serviron de intermedio musical ás palabras coas que o presidente, Antonio Vila, en clave de humor, describía a historia da coral, así como os diversos tipos humanos que a forman, sempre en relación coa súa entusiasta e moitas veces sacrificada participación.

É ben sabido que a música é, coa poesía, a mais sublime expresión dos sentimentos. De ningún outro xeito o individuo pode transmitir de maneira mais persoal, nin con maior sensibilidade a mensaxe envolvida na beleza que encerra a obra poético-musical A música traza imaxes ideais, é compañeira na ledicia e na dor.O canto grupal é unha das expresións xenuinas da alma dun pobo. O coro é un instrumento colectivo, unha forma de identificación comunitaria. Por eso o presidente insistiu unha e outra vez: “¡cantade!”, “¡cantade sempre!”.

Parabéns a cantos participaron no singular pregón: Á Coral que a cada actuación corrobora a alta calidade acadada, e polo tanto á súa directora, e ó presidente pola lucida e enxeñosa intervención, e a tódolos compoñentes.

Noutro orde de cousas acaba de cumprirse a efeméride dun feito anecdótico: efectivamente hai xusto 40 anos (en 1971) que se celebrou o primeiro partido de futbol feminino da historia de Foz. Enfrentáranse os equipos Sporting da Agulla e Racing do Mostrador, nomes alusivos ás ocupacións da maioría das rapazas.Fixera o saque de honor Pedro Tapia (o rulero) que na súa mocidade fora un gardameta infranqueable, de axilidade felina e arbitrara o encontro Tito da Fábrica, ataviado con roupa de muller, como as circunstancias o esixían.

Gañara 1-0 o Racing do Mostrador e recollera o trofeo Lupe de Cosme, capitana do mesmo, de mans deste cronista, presidente da Comisión de festas e promotor do espectáculo que enchera ata a bandeira o estadio Martínez Otero.

Aquelas duas ducias de mozas, goapas e garridas, son hoxe avoas.
Este que lles fala tiña entón 34 anos… e non coxeaba. ¡Xa choveu dende entón…!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES