Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos coches

jueves, 11 de agosto de 2011
Calquera fin de semana, xa non digamos ponte festeiro, as estradas galegas ferven de coches, evidenciando o furor dos nosos paisanos de poñer terra por medio, desplazándose canto máis lonxe mellor con vehículos cada vez máis novos e máis potentes.

E sen embargo esa é a cara amable da situación, pero a verdadeira cara amósase nos numerosos concesionarios de marcas de automóviles que rexistran as peores cifras de vendas da súa historia.

Atendendo ao primeiro semestre do presente ano, en relación con igual período do ano anterior, a caida de matriculacións e polo tanto de venta de vehículos foi dun corenta por cento, cifra que se considera catastrófica para o sector. Ata o mes de xullo que tradicionalmente reflicte moi boas vendas, este ano rexistrou un descenso do catro por cento en relación co anterior.

E non é que Galicia ande a contramán en relación co resto de España, que a situación dista moito de mellorar, e o sector do automóbil -estratéxico polas sinerxias que xenera e emblemático polo que supón de indicativo da marcha da economía familiar- está de capa caída e sen visos de recuperación. En España aparecen cifras de vendas de auténtica catástrofe, so comparables ás de mediados da década dos noventa, ás que se coidou non ter que volver nunca.

Vemos, pois, moitos coches, novos e de alto nivel. Pero nin aumentan na medida en que se esperaba, nin o sector levanta cabeza. Mala noticia para o sector, e para todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES