Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unhas pingas de auga

lunes, 01 de agosto de 2011
Ri a hiena ante o babeo dun caracol que marcha con toda a súa calma do mundo polo camiño da esperanza. Porque este o levará ao alto dun penedo para tomar o sol ás súas anchas.

Chora o sol os seus raios implacables e un lagarto, tan verde como unha pradaría, baila o rock do deserto e asubía a melodía “brillarás e nunca te acocharás”, ao mesmo tempo que mira desafiante cara ao patrón do universo.

Esbirra unha pequena nube que acaba de asomar, de repente, no ceo e unhas poucas pingas de auga caen en certos puntos rechamantes: na punta do fociño da hiena, que deixa de rir ao instante; nun ollo do caracol, que se mete de súpeto na súa cónchega; e na punta do rabo do lagarto, que o fai pegar un chouto para meterse nun buraco que hai á súa beira.

Axiña, a nube desaparece e todo volve á normalidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES