Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Copago sanitario

martes, 19 de julio de 2011
Ben difícil é abordar este tema, que provoca un rexeitamento inmediato por parte de todos, afeitos como estamos a que a atención sanitaria sexa xeral, cada vez mellor, e cun nivel insospeitado hai ben pouco tempo.
Quizais foi na sanidade onde comprobamos hai uns anos o progreso da nosa sociedade, o noso paso de menesterosos a cidadáns membros dun colectivo opulento. E pouco a pouco, a Seguridade Social foi abarcando á inmensa maioría da poboación, a menos que se posuíra outro sistema de atención, melloraron as instalacións, mellorou o nivel de profesionalidade do persoal que nos atende e, en fin, comprobamos que unha as mellores probas da nosa excelencia social estaba na sanidade, na saúde.
Seguro que a crise que nos invade tamén afecta de xeito grave a este sistema sanitario, e as restriccións nos medicamentos coa receita de xenéricos é unha boa proba. Pero o sistema segue a funcionar sen que os usuarios notemos mermas importantes, polo que seguro producirá déficits importantes, que haberá que compensar con cargo a outras partidas ou con medidas de aforro.
Tense falado dunha fórmula de cobrar un euro por cada consulta médica para restrinxir as visitas innecesarias e contribuir ó funcionamento do sistema. Pero agora en Italia veñen de darnos exemplo sobre o tema aplicando unha tarifa de 10€ por consulta, e 25€ cando se trata dunha urxencia. É todo un exemplo, un anticipo quizais, do que pode ou vai ocorrer nunha Europa cada vez máis interrelacionada, aqueixada polos mesmos problemas e na que a crise vai facéndose patente paulatinamente segundo a febleza da economía de determinados paises.
É un antecedente, un síntoma, que nos anuncia que non debemos esquecer a problemática que supón a atención gratuita e xeneralizada, que será quizais imposible de zoster indefinidamente.
E se debería contemplarse – aínda que sexa ben difícil- a moi diferente situación das familias deste país en relación cun copago xeneralizado e igualitario, hai que pensar que algunha fórmula deberá adoptarse para conseguir que o sistema, excelente como se ten demostrado, poida pervivir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES