Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A revista "Bolanda"

miércoles, 13 de julio de 2011
Presentouse na Casa da Cultura de Foz o Nº 2 de “Bolanda”, revista da Asociación Cultural A Pomba do Arco, que se inícia cun “Canto de presentación” que dí: “ Aos pobos pásalles como aos seres humanos: o último que perden é a dignidade. Unha vez que a perden deixan de ser”.Nela o historiador Xoan Ramón Pacio, presidente de A Pomba, fai un estudo encol da fidalguía focega e do vínculo herdeiro da Casa Grande de Marzán, con escudo de armas, dende o ano 1395 e a súa relación e vínculos coas casas do Fiscal de Nois, os Osorio Rebellón e As Abelairas de Cangas.

Javier Rivera en “A caza da balea en Nois” conta que éste uníuse co porto de Foz (1609) para desenvolver dita pesca na Idade Media, “por en cuanto entre nós ha habido muchos pleitos y diferencias sobra la caza de dichas ballenas”.e da industria do salgado, da que existen restos testemuños da mesma. A orixe do pobo, agrario e pesqueiro, pérdese na lenda.

Antón Niñe asina “A escola de Fondós”, na que é especialista, pois que o leva estudando con agarimo dende hai tempo. Convertida en gardería , foi creada en 1749 por Pascual Villapol, emigrado en Perú. Rechamantes as normas que dicta para a vida da escola, e as distintas funcións que acolleo aquel edificio que mesmo chegou a ser o cárcere do concello. De Villapol, único fillo de Foz que, dende a emigración, favoreceo ó seu pobo. ó dotalo dun importante medio cultural, en tan míseros tempos, nen unha humilde rúa lembra o seu nome..Cando os gobernantes locais deron en pensar, puxeron unha a Mikael Gorvachov.¡Xenial! É sabido: cando os políticos pensan hai que tremer. Fano poucas veces, iso é verdade.

Luis Cordeiro, onomástico de entrañable resoancia, arqueólogo, fala das sondaxes en San Martiño; Ramón Ermida e Mónica Pazos tran á memoria a figura miúda dun histórico do ensino, don Manuel Lugilde, e Ramón Eiras conta a brilante historia do Baloncesto local.

Un fermoso poema de Baixeras e, para muitos, o descobremento do Caxigueiro poeta, pechan o contido da revista pola que felicitamos á Pomba do Arco, cada unha de cuxas iniciativas son un exemplo de bó facer. O deseño e maquetación, a pulcritude da impresión e a ilustración, impecables.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES