Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo recae sobre o consumidor

martes, 12 de julio de 2011
Lonxano aquel tempo onde a inmensa maioría dos impostos eran indirectos, vivimos nunha era contributiva onde directos e indirectos se complementan para formar un amplo tecido impositivo que sostén un estado intervencionista, en franca expansión en canto a competencias e accións.
Mantéñense determinados impostos indirectos, que afectan indiscriminadamente ós contribuíntes por utilización de servizos ou compra de bens, que son para o Estado os máis doados de percibir xa que se incorporan automáticamente ós precios que o consumidor ten que aboar, encarecendo fortemente o produto resultante que por igual paga o que non chega a mileurista e o gran banqueiro.
O exemplo máis ostensible poden ser os carburantes onde os impostos repercuten alomenos tanto como o produto en si, desde a súa extracción ata a transformación, transporte e posta á venda nas gasolineiras.
Por se esto fose pouco, a poderosa Asociación de Constructores de Obra Pública ven de propoñer –dando ideas recaudadoras ó Goberno- de que se aumente o precio dos combustibles dos automóbiles nunha cantidade que pode oscilar entre tres e cinco céntimos por litro para obter a escala nacional os 367 millóns de euros anuais que se precisan para manter en axeitado estado o firme das estradas españolas. Argumentan que pouco representa para cada usuario esa cantidade, e sen embargo permitirá solucionar un grave problema de financiación co que se vai encontrar o Ministerio corresponde e, polo tanto, o goberno.
Esta proposta no momento en que se coñece que a licitación de obra pública en Galicia baixou un corenta e cinco por cento no primeiro semestre deste ano en relación co pasado 2010, e que os problemas das empresas da construcción son moi importantes, sen trazas de ser solucionados, ven moi ben para os propios constructores que deste xeito garantirían o seu traballo nos anos vindeiros, pero sería un peso máis nos ombreiros de todos os consumidores.
Certo que todo o que o Estado consegue, e o Estado gasta, sae dos consumidores, dos contribuíntes. Pero mentras non se arbitren outras solucións aínda máis directas, o inxenio recaudador debe porse en marcha a través dos impostos directos, para que os máis gañen máis aporten, e sexan as grandes fortunas, os soldos fabulosos, e a clase económicamente alta a que aporta máis, na proporción axeitada. Por pouco que representen eses céntimos en cada litro de combustible, é inxusto a priori un imposto que carga por igual ó traballador e transportista que ó que conduce por lecer, ó que non chega a fin de mes e ó que derrocha por principio.
Todo cae sobre os hombreiros do consumidor. E non é xusto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES