Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adiantando o Ive

lunes, 04 de julio de 2011
O Imposto de Valor Engadido, é un imposto curioso. En principio, parece moi ben planteado porque efectivamente só se repercute sobre o valor que cada empresa ou autónomo incorpora a unha materia ou produto co seu traballo.

Así, o empresario – grande, mediano ou pequeno- que soporta Ive, paga o correspondente ós produtos que adquire, e factura o dos produtos que vende, co que resulta que só aboa a diferencia entre o adquirido e o vendido, o valor engadido pola súa intervención.

Ata aquí, perfecto, e os diversos gobernos aplican a porcentaxe que procede en cada momento, sendo en España desde o superreducido para libros (5%) ata o 7% dos restaurantes, para chegar ó normal do 18%, despois da subida que se efectuou non hai moito tempo para conseguir a normalización das contas públicas.

O problema para os que soportan este imposto é o seu pago e o seu cobro. Un empresario confecciona unha determinada factura, inclúe o Ive, e cando remata o trimestre fiscal debe aboar ese Ive a Hacienda, xa que se supón que o ten recaudado.

Pero nunca é así, porque os clientes retrásanse nos pagos, e máis neste tempo en que institucións ou particulares dilatan no posible o abono de facturas para ir conseguindo cumprir con todos os seus compromisos. E o contribuínte por Ive non só é un recaudador obrigado dun imposto, senón que na maioría dos casos ten que adianta á Facenda Pública un importe non cobrado.

Estas cantidades están cuantificadas e se a nivel nacional o Estado debe ós autónomos algo máis de 1.638 millóns de euros por este concepto, en Galicia a débeda cos autónomos –pequenos ou pequenísimos empresarios sempre- é de 84 millóns de euros, unha cifra moi importante tanto de xeito absoluto como relativo, xa que se trata da sexta comunidade máis debedora por este concepto.

Se xa a recadación dun imposto e a súa liquidación por parte dos contribuíntes é unha obriga onerosa, adiantar eses importes é unha inxustiza flagrante. O Goberno leva moito tempo dándolle voltas ó tema, pero nunca facilitando unha solución. E a verdade é que, cos tempos que corren, algo deberá facer ó respecto para evitar males maiores.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES