Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Wikingos en Foz

martes, 28 de junio de 2011
O pasado febreiro, co desfile do antroido, no que Os Larpeiros, ano tras ano, presentan a súa carroza, sempre sorprendente, nesta ocasión ofrecía á contemplación do público, a que, tras sinalado esforzo, convertiron nunha preciosa nave wikinga, que xa observáramos, en construcción, no improvisado asteleiro de Carlos Neira, “o Polaco”, baixo a dirección de Pedro Fraga, de Aurelia, experto carpinteiro de ribeira, que resultou a gran atracción do devandito desfile.

Pola súa magnitude (20 m. de eslora), a beleza das liñas e a fidelidade da réplica, publicamos un comentario que titulamos: “¿Wikingos en Foz?”.

Ollando a nao, e por asociación de ideas, acudíu ó noso maxín a lembranza da vella lenda, ben coñecida, referida ó feito miragroso que a tradición atribue a San Gonzalo, o Bispo Santo: a destrucción da armada normanda que, alá polo século IX, se dispuña a invadir as nosas costas. Istes bárbaros do norte, que a onde chegaban arrasaban canto saía ó paso, cometendo as mais despiadadas violencias contra os habitantes, infundiron o medo entre os mesmos que, impotentes ante tal ameaza, acudiron ó Bispo Gonzalo, que tiña soa de miragreiro, pedíndolle a intervención, para libralos de tan inminente perigro…

Conta o relato que o bispo, seguido do pobo, saíu en procesión e chegou ó alto da Grela, onde se atopa a ermida, e, dende alí, rezando avemarías, foi afundindo unha a unha as naves, deixando dúas en liberdade, para que foran polo mundo contando o miragre, do que acababan de ser testemuños.

Laiábase o cronista de que nunca os focegos fóramos quen de
poñer en valor o que é patrimonio da nosa cultura, da historia e das nosas tradicións. Pero desta vez, atopou eco: foi Paleo, o presidente da ACIA, que, recollendo a suxerencia, anunciounos que o colectivo que preside ía tomar a iniciativa, coa intención de facer dela a grande celebración anual da nosa vila, baseada nun feito – mítico ou real – que foi motivo de páxinas literarias, de poetas, escritores e historiadores; é decir, dende o soporte cultural.¡Ao fin! Sen dúbida será iste un agosto singular. Nono perdas de vista, lector amigo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES