Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Herdado e/ou xenético

miércoles, 22 de junio de 2011
Os conceptos en Xenética son ás veces difíciles de transmitir ós lectores por dous motivos fundamentais. O primeiro é a xerga especializada, necesaria para facer intelixible a comunicación, pero que á vez representa unha barreira difícil de flanquexar polo non versado na materia. O segundo é a complexidade desta disciplina, que se reflexa en innumerables matices, con moitos conceptos diferenciados por pequenas sutilezas. Ditas sutilezas definen aspectos moi distintos e á vez teñen moi distintas interpretacións.

Un destes aspectos é a diferencia entre algo xenético e algo herdado. Unha interpretación moi extendida é que ambas verbas falan do mesmo concepto. Pero iso non sempre é certo. É certo que os seres vivos herdamos os xenes dos nosos proxenitores. Pero non todo o xenético se herda.

Poñamos por exemplo un tipo de cancro que afecta ós osos. Supoñamos que a causa dese tipo de cancro é a presencia dun axente químico carcinoxénico que afecta á correcta función dun xen. A alteración de dito xen provocará cambios na célula que resultarán na formación do cancro. Por tanto, a enfermidade producirase por un cambio xenético e será de causa xenética.

Pero as células que se ven afectadas (as células óseas) non se transmitirán á descendencia. As células que non se transmiten á descendencia chámanse células somáticas. As predisposicións xenéticas que se herdan son transmitidas a través das células xerminais (espermatozoides e óvulos). Polo tanto, calquera cambio ambiental que provoque unha alteración xenética nas células somáticas non será herdado polos nosos fillos. Nese cambio ambiental inclúense factores tales como radiación, sustancias carcinoxénicas, etc.

Pero velaiquí unha sutileza: hai que ter en conta que o efecto de ditos cambios ambientais tamén pode ser herdado. Iso pode ocorrer se afecta a un xen ou a varios xenes nas células xerminais. Un exemplo é o elevado número de malformacións xenéticas en fillos de persoas sometidas a elevados niveis radioactivos producidos en accidentes nucleares como o de Chernobil.

Outro aspecto a ter en conta é que hai defectos en xenes que predispoñen a padecer cancro que si se herdan de pais a fillos. Un exemplo é o dos xenes BRCA1 e BRCA2. Mulleres con determinados defectos xenéticos nises xenes teñen unha porcentaxe acumulada de aproximadamente o 80% de padecer cancro de mama cando cheguen ós 70 anos. Afortunadamente exemplos coma iste son relativamente pouco frecuentes, xa que a maioría dos cancros, a pesar de ser enfermidades xenéticas, son esporádicos e non se herdan.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES