Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outros mundos

miércoles, 15 de junio de 2011
Para os que temos inquedanza polo que poida haber maís aló das fronteiras físicas ou mentais que nos encerran neste globo terráqueo, a existencia doutros mundos sempre nos preocupou e ilusionou coido que na mesma medida. E seguimos a matinar nesta posibilidade, a pesar da máxima de Pawels e Bergier de que “hai outros mundos, pero están neste”.
Dentro dos infinitos mundos que neste pode haber, notamos moi claramente a existencia de dous ben diferenciados, existentes no noso contorno. Un, corresponde ós políticos en exercizo, e outro a todos os demais humanos que non participamos desa alta misión que corre perigo de ser devaluada, deturpada, agredida.
A comezos de 2008, había un 7,2% dos cidadáns que opinaban que a clase política española era un problema. Pero desde entón esta porcentaxe non deixou de medrar e a última enquisa, confeccionada o pasado maio, afirma que son xa o 22,1% os que opinan que os políticos son un dos tres principais problemas que temos nestes momentos. Moito peor aínda se a esto sumamos o 5,4% que centra o problema no goberno, os políticos e os partidos.
Se os políticos se paran a pensar, é como para botarse a tremer. Todos, pero especialmente os que se dediquen á política, porque algo moi importante falla aí. E se nos paramos a pensar, veremos dous mundos moi diferentes: o dos políticos e o de todos os demais. Esto si que é unha fenda aparentemente insondable que se ten aberto na nosa sociedade entre dous mundos que debían ser complementarios e son antagónicos.
Dunha parte, o mundo real, o da crise, o da inseguridade, o que cada día loita por sobrevivir. Doutra, o mundo da política, onde todo está garantido – presente e futuro- onde se dispara con “polvora do Rei”, onde non se baixa á rúa para comprobar como está a xente, como vive e como pensa.
Ata que os dous mundos volvan atoparse en relativa igualdade de condicións, os políticos seguirán a ser considerados un problema. Ata que as linguaxes dos dous mundos non sexan intelixibles entre si, teremos un problema grave. Ata que a política non recobre a súa dignidade de servizo público, este país non terá solución. Teremos dous mundos que están neste, pero a distancia sideral entre eles, viaxando polo noso universo en direccións diferentes, e sen embargo con grave perigo de entrar en colisión.
Quen queira saber cal é o seu papel no mundo, que pense. E logo, se está a tempo, que obre en consecuencia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES