Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valentín Paz Andrade

jueves, 16 de junio de 2011
En tempo e forma, a Real Academia Galega ten designado o persoeiro que centrará o “Día das Letras Galegas” o próximo 2012, elección que recaíu no intelectual, escritor, empresario e político Valentín Paz Andrade.

Sempre se apreciará, en cada designación, que temos moitos persoeiros ós que honrar con este gran Día, ós que haberá que ir recoñecendo pouco a pouco o seu valer e o que supuxeron para Galicia e o seu idioma.

Á relación dos grandes nomes que hai que honrar, entre os que naturalmente están Filgueira Valverde ou Carballo Calero, e ós que sumaremos co tempo A Manuel María ou Fernández del Riego, hai que sumar os que non teñen tanta sona pero están sempre aí como Díaz Castro, o gran poeta chairego. Pero a Academia elixe en cada momento o que considera máis importante ou urxente, e como tal o ano pasado tocoulle a Lois Pereiro, como exemplo de escritor mozo desaparecido no seu mellor momento creativo, e tócalle agora ó inmenso Valentín Paz Andrade, que destacou na vida de Galicia desde os tempos da preguerra ata a consolidación da democracia.

Paz Andrade ergueu, xunto ós Fernández (os de Antón de Marcos) a inmensa Pescanova, consolidando unha Galicia mariñeira, e por eso un barco escola galego leva o seu nombre polo mar adiante, polos camiños do mar. Promoveu xornais, foi político na República e impulsou aquel primeiro Estatuto de Galicia, sufríu atentados e foi resistente do interior, avogado en exercizo na defensa de galeguistas indefensos, escritor e empresario.

Tamén o extraordinario poeta do “Pranto Matricial”. Grandísimo poeta do que unha das mellores probas é o poema á volta do seu mestre e amigo –Castelao-, “Cando ti volvas polo mare”.

Cada Día das Letras Galegas, Galicia fai xustiza a un dos seus, sacándoo do arquivo da historia e paseándoo polos infinitivos vieiros sociais da actualidade. O noso xustamente rescatado, buque insignia de Galicia e o seu idioma para 2012, é Valentín Paz Andrade. Celebrémolo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES