Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curando a conciencia

martes, 07 de junio de 2011
Non quero ser o salvaxe que cospe cara aos latexos dun corazón que chouta ante unhas fochancas que aparecen unha e outra vez nas estradas desa rexión á que todos os políticos asoballan coa súa memoria.

Non fai falta que se neguen as obras necesarias, pois ás veces chega coa simple memoria para machucar a un pobo, para maltratar unha identidade.

Non quero ser salvaxe e insultar aos “entendidos” que nos insultan. Sempre presumo de pregoar que o maior insulto que se lle pode lanzar a alguén é a ignorancia.

Perdón por non seguir o exemplo de ignorar a moitos políticos da dereita, pero hai comentarios que doen, e a dor hai que expulsala para curar a conciencia.

Cando un desafoga, queda libre. Quixera ignorar ao señor Aznar, pero a súa chulería recoñezo que me vence, que me derrota. De todas formas sigo sen querer ser salvaxe para non cuspir cara arriba.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES