Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Razón, razoes e malleiras na comisión do 11-M

martes, 03 de agosto de 2004
A cousa non é tan complicada. Inicialmente o PSOE tiña razón e o PP razoes Ter razón sen razoes é cousa impertinente, irracional. Non se pode confiar en xente así. A verdade non é seria; é breve, raquítica, insuficiente. Pola contra, coma o seu propio nome indica, as razoes sen razón non poden ser outra cousa que razoables. As razoes son intelixentes, incisivas, parlamentarias; conducen inmediatamente a filosofía e aínda, con un pouco de sorte, a teoloxía.
Foi por esto polo que o PSOE, desconfiando da utilidade do seu excesivamente sinxelo acerto inicial, concentrouse deseguida coma o PP en razoamentos moito máis sofisticados e rentables, tales coma o do electoralista atraso de novas por parte do PP.
O debate desprazouse entón cara a unha guerra de argumentos que, coma coprolitos, empezaron a estoupar no espacio parlamentario en tódalas direccións, as veces repugnantemente na cabeza mesma de determinadas señorías (e señoríos, coma diría o ecuánime Ibarreche). O problema non era xa o de facer valer os acertos coma garantes dun acerto máis xeral senón a posibilidade de que a irremontabre teimosía do Ministro Acebes puidera chegar demasiado lonxe –coma efectivamente sucedeu-. É dicir, en rigor a controversia xa non trataba alí do 11-M senón da respetabilidade de toda clase de nais implicadas.
O certo é que –coma no caso do Prestige- tanto o PP coma o PSOE desprazaron xuntos o centro de gravidade da cuestión cara unha protectora inquina partidista -cortina de fume ista que finalmente distraxo a opinión e ocultou o caso-. O pobo, craramente indeciso nas urnas e agora altamente escéptico e canso, vai comprendendo xa -pouco a pouco- a súa desdita.
A propósito: coma contestación a non sei quén, fai pouco, ó Sr. Blanco foiselle a man facendo un imprudente comentario sober do gran referente mundial de intransixencia que “sempre”constituíu a “derecha española”(léase agora PP). Pero calquera político -calquera- é un traballador pagado por todo o pobo pra que exerza unha xa ben aceptada colaboración antagónica. Confundir un antagonismo con unha enemistade é dende logo un flagrante despiste, pero –veña de quen veña- é tamén unha estafa, unha falla de respeto a todos nos e probablemente algo máis.
E tamén a propósito: acabo de ler en Francisco del Riego unha historia que ben podería ter eiquí algunha utilidade. Asegún conta, tiña il nos anos mozos un capitán non moi espabilado que, por secretos motivos, decidiu un día pegarlle unha malleira a unha das mulas do rexemento. Cando máis entusiasmado estaba nilo pasou por alí o Coronel que, moi sorprendido, preguntoulle:
-¡Pero hombre, capitán Fulano, que hace Vd.?
O capitán, moi sufocado e sen telas todas consigo, contestou precipitadamente:
-¡Empezó ella, mi coronel, empezó ella!

Non lles lembra esto algo?

Pra terminar: se queren entender ben o que din ós políticos na televisión, quítenlle o son. Cando se produce, as súas caras esconden peor a mentira que as palabras.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información