Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inmigración e benestar

lunes, 23 de mayo de 2011
Cantas veces lles temos oído a algúns partidos e cidadáns valorar a inmigración como algo negativo para os nacionais con argumentacións nas que ponderan a perda de empregos, a utilización masiva da sanidade ou da escola e como unha presenza que declina o estado de benestar?

Pois ben, agora un estudo de Obra Social La Caixa acaba de poñer negro sobre branco nestes temas avaliando o que achega e detrae o fenómeno migratorio para España. E parece, tras unha minuciosa análise dos datos extraídos, que as contribucións feitas polas súas cotizacións e os seus impostos superan ata en tres veces os custos dos servizos de que dispoñen. Así pois, os inmigrantes residentes achegan máis ao estado de benestar do que perciben.

Dito cos datos do informe, mentres que a inmigración representa hoxe o 12,17% da poboación de España, é dicir, máis de 5,7 millóns de persoas, e aínda que o estado de crise tende a ir rebaixando esta cifra, o 50% do superávit das finanzas públicas nos anos de maior crecemento económico foi debido ao seu esforzo, xa que moitos cubriron postos que antes estaban baleiros. Pola contra, menos do 1% dos perceptores actuais de pensións son estranxeiros e o seu gasto en sanidade e en servizos sociais equivale ao 5% e ao 6,8% do total da poboación, respectivamente. E se falamos da escolarización dos seus fillos, teremos que valorar este custo en perspectiva, e contemplalos como novos recursos humanos que proporcionarán o recambio xeracional.

Para valorarmos obxectivamente estes bos resultados para o conxunto da poboación, debemos ter en conta que a maioría dos nosos inmigrantes aínda se atopan na súa etapa de vida produtiva. Unha situación que aínda seguirá manténdose nas vindeiras dúas décadas.

De todo isto dedúcese que moitos tópicos negativos non son máis que opinións baseadas na desinformación ou en intereses agochados que tratan de socavar a verdadeira importancia da poboación estranxeira para a nosa economía e para a nosa sociedade. E se o movemento se demostra andando, parece que hoxe queda demostrado que o movemento migratorio ofrece un balanzo positivo para o conxunto da sociedade, e que debemos avalialo como parte dun todo, pois á fin e ao cabo todos nos atopamos no mesmo barco, quero dicir, no mesmo país.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES