Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital: Das tebras da noite ao resplandor do día

lunes, 16 de mayo de 2011
Co remate do franquismo, e a chegada da democracia, abríanse as portas da ilusión ante o que significaría unha nova era para aquelas xeracións que até daquela, como a deste cronista, que viñera ó mundo baixo os estoupidos da guerra civil, non coñeceran mais reximen político que o da dictadura franquista.

É certo que esa euforia colectiva non permitía a consciencia dos atrancos que tan ilusionante e desexado cambeo traería consigo; eses xa irían aparecendo e se afrontarían no seu momento; pero, evidentemente, como é sabido, tal metamorfose permitíu que, con tódalas imperfeccións que mais de trinta anos despois aínda non se arranxaron, aquel feito significou pasar das catacumbas ao mundo da luz e da civilización.

Digamos, a modo de síntesis, que daquela na nosa bisbarra producíanse tres noticias de excepcional importancia, aínda que unha resultou frustrante: eran a instalación de Alúmina-Aluminio e a dotación dun Hospital Comarcal. Dos efectos da primeira, ben coñecidos, nada vamos a decir, pero sí do centro hospitalario que permitíu que os mariñáns, no referido á atención sanitaria, pasásemos, como decimos, da noite das tebras á claridade do día, e nos situase no vieiro do futuro; un devir entón próximo, do que levamos moitos anos sendo beneficiarios.

A frustración, coa que aínda hoxe cargamos, refírese ás infraestructuras viarias. Cando o goberno central traspasou as competencias sobre estradas á Xunta, reservouse un tramo importante na Mariña, en base á transcendencia da mesma, ó ubicarse aquí a planta de Alúmina-Aluminio. Tal anuncio, a moitos inxénuos mariñaos, fíxonos pensar que os gobernantes estatais, conscentes da carencia absoluta de estradas mínimamente aptas, que mesmo provocaron emborcamentos de trailers que conducían maquinaria para as obras da factoría, non terían labor de mais presa que a de dotar a comarca das imprescindibles vías que permitiran o tráfico, fluído e seguro, ó servicio, sobre todo, do que os propios gobernantes consideraban tan importante, que fixo que os mesmos non cederan o seu dominio ó goberno autonómico.

Unha carencia que, precisamente, afecta moi directamente ó desenvolvemento do Hospital, porque, ó parecer, unha das causas primeiras da dificultade déste para atopar profesionais que se apresten a desempeñar o labor nél, e mesmo fixar aquí a residencia, é precisamente o noso illamento: é decir, as pésimas vías de comunicación que os políticos negáronse, e néganse, a solventar, porque hai só uns días non saíamos do noso asombro cando líamos decraracións polas que se aseguraba que tales obras non eran urxentes e que, polo tanto, se pospoñían.¡Incrible!

Esta actitude é toda unha escandalosa constatación da demagoxia, do cinismo e da mentira que preside a actuación dos políticos: dos implicados, naturalmente, que, en tantos anos, xa levan sido todos.

O hospital da Costa, pola contra, é un servicio do que nos
sentimos orgullosos: das súas instalacións, das atencións do seu persoal, do funcionamento en xeral. Naturalmente este cronista non vai a cometer a ousadía de xulgar cuestións de tipo técnico ou profesional, sencillamente porque é un perfecto lego na materia. Sen dúbida, algo tan complexo como é, en mil aspectos, un servicio destas características, esixe un seguimento exhaustivo e puntual das diversas facetas que inciden no mesmo e estamos seguros que os responsables, dende a súa ética persoal e profesional, farán en todo momento o esforzo preciso para que o hospital nunca deixe de ser símbolo, e abandeirado, da razón de ser da nosa mellor calidade de vida.

Moitas grazas a cantos dedican os seus esforzos para que así sexa, e que celebren con felicidade e ilusión a efeméride dos seus 25 anos de vida.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES